#Claves de la semana

31 demandas para impulsar o rural galego

A conservación da biodiversidade e a paisaxe, a industrializción ou o desenvolvemento turístico son algunhas das propostas do Foro Económico de Galicia. 


|

Ruralmujerhuertacampoagricultura

O Foro Económico de Galicia propuxo 31 novas demandas para impulsar o dinamismo do rural galego, a través de medidas que comezan pola conservación da súa biodiversidade e da súa paisaxe e que chegan ata a súa industrialización e o desenvolvemento turístico.


Os autores deste documento, María Xosé Vázquez e José Manuel Andrade, advertiron de que non existe "unha proposta única" para toda Galicia, pero destacaron que a multifuncionalidade e a diferenciación son dous elementos polos que, ao seu xuízo, se debería apostar.


Ambos, ademais, apuntaron ás administracións públicas e ao labor de fomento da conservación que, na súa opinión, ten que asumir con "a máxima implicación", tamén para a atracción de capital foráneo destinado ao investimento en sectores produtivos que se asentan no medio rural da comunidade.


Xunto a eles, José González, das adegas Casal de Armán, puxo como exemplo o sector vitivinícola para primar a calidade e a singularidade dos produtos. "Hai que marcar tendencia", chamou a atención.

relacionada Galicia interésase por un sistema de autobuses baixo demanda para o rural
relacionada A fusión de concellos, clave na dinamización do rural
relacionada "Galicia non existe no mapa da innovación"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE