Arco Iris pide que se paralice a retirada de amianto dun colexio pola súa alta toxicidade

|

Lanadeamianto

La de amianto


A asociación ecoloxista Arco Iris vén de esixir a inmediata paralización dos traballos de retirada de amianto do colexio Ramón da Sagra (A Coruña), polos "riscos para a saúde humana que se poden derivar da manipulación indebida deste material extremadamente tóxico nunha contorna escolar". A asociación alerta de que a simple inhalación dunha "mínima cantidade de asbesto" é abonda para que poidan producirse "danos irreversibles nos pulmóns e mesmo o desenvolvemento de cancros mortais como o mesotelioma".


Desde Arco Iris advirten que a presenza de vento forte estes días "fai aínda máis perigosos estes traballos" e é "deber da Consellería de Educación" aprazalos ata que se inicie o período vacacional. Piden ademais que non se apele "á existencia de prazos inminentes da UE" para acceder a unha "miserable" subvención. 


A asociación ecoloxista conseguiu a retirada deste material en diversos edificios "con garantías" e afean que a Xunta "improvise" e mostre "falta de sensibilidade" pola saúde e o medio ambiente.

relacionada ​Un parking público de Ferrol desprende amianto
relacionada ​Piden un inventario de "amianto" en los colegios gallegos

1 Comentarios

1

Boas tardes, quero agradecervos a tremenda axuda que nos estades brindando para difundir os graves problemas de nenos con obras no ceip Ramon de la Sagra.Centos de pais estan agradecidos pola vosa labor, ánimo e a seguir loitando

escrito por da 23/nov/16    15:40

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress