#Claves de la semana

A alcaldesa de Lugo cre que Caballero "simplifica" o problema do PSdeG

O rexedor olívico responsabilizou a Leiceaga dos malos resultados obtidos pola formación nas autonómicas do 25S. 


|

Laramendezalcaldesalugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou ao rexedor de Vigo, o tamén socialista Abel Caballero, de "simplificar" o "problema" no que se atopa o PSdeG despois de que este falase dunha "errada" estratexia electoral nos comicios do pasado 25 de setembro que propiciou, ao seu xuízo, a maioría absoluta do popular Alberto Núñez Feijóo.


Méndez, interpelada sobre esas declaracións, que Caballero realizou este martes no programa 'Vía V' de V Televisión, abundou en que "personalizar nunha soa persoa o problema que se sofre como partido --en referencia ao actual portavoz parlamentario e cabeza de lista, Xoaquín Fernández Leiceaga-- é simplificalo e non ter altura de miras de tentar buscar unha solución".


Sen reparos en recoñecer que se afronta "un momento malo como partido", avogou por "buscar esa unión, esa unidade en torno" ao proxecto, "que é o que une independentemente do que poida diferenciar como persoas a práctica desas políticas".


Ao seu xuízo, hai que "buscar as estruturas orgánicas que permitan fortalecerse como partido e que permitan a aplicación das políticas socialistas que loitan contra a desigualdade". Por iso, avogou "por buscar esas datas para os congresos, para estruturarse e facerse fortes", na liña argumentativa da presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela. 


Da mesma forma, sobre as críticas de Carmela Silva contra a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, insistiu en que "personalizar nunha, en dúas, tres, catro persoas, e ir a unhas formulacións simples de bos e malos e de ti contra eu non ten moita base e non axuda".

relacionada Carmela Silva pide a Cancela que "deixe de enredar" e "dea un paso atrás"
relacionada Cancela abre a porta a integrar os críticos na xestora do PSdeG
relacionada ​Ferraz pensa facer cambios na xestora do PSdeG, pero non neste momento
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE