#Claves de la semana

O SUP solicita un plan de saúde psíquica ante o incremento dos suicidios no corpo de policías

Desde xaneiro de 2015, 22 Policías Nacionais decidiron acabar coas súas vidas, equivalente a un suicidio por mes. 


|

Detenidopolicia


O Sindicato Unificado de Policía (SUP) vén reivindicando desde hai tempo a creación de 'Unidades básicas sanitarias' e dunha 'Unidade de atención psicolóxica en prevención de suicidios', reclamacións ás que agora se suma a posta en marcha "urxente" dun Plan preventivo de vixiancia para a saúde psíquica ante o "alarmante" aumento de casos de suicidio no Corpo Nacional de Policía (CNP). 


Nun comunicado, o sindicato informa de que desde xaneiro de 2015, un total de 22 Policías Nacionales dediron poñer fin ás súas vidas, unha cifra equivalente ao ratio de un suicidio mensual. Inciden en que a cifra, ademais de "preocupante", vai "en ascenso", se se compara con datos de anos anteriores. Os últimos dous casos coñecidos, apuntan desde o sindicato, corresponden a policías galegos, dos cales o último se produciu este xoves. 


Os policías advirten que a normativa de Prevención de Riscos Laborais que regula esta materia pide garantir unha vixilancia axeitada da saúde, tanto física coma psicolóxica, e recriminan á administración que "esqueza" as súas obrigas e xere un "agravio comparativo" con outros corpos policiais que "contan con plans específicos". 


PLAN PREVENTIVO 


O plan que solicitan desde o sindicato de policía concretaríase na creación dun gabinete psicolóxico con sede en cada unha das Xefaturas Superiores de Policía e nas Comisarías de maior volume de traballo, e significaría un "punto de atención permanente e asesoramento psicolóxico ao axente, xornadas de formación de técnicas anti-estrés, seminarios onde se impartan procedementos de control en situacións límite e investigación dos casos de suicidio para dirimir a súa relación co ámbito laboral, considerándoos así como accidentes laborais". 


O sindicato informa de que xa puxo en coñecemento do Tribunal Europeo de Estrasburgo e do Defensor do Pobo esta situación e que seguirán insistindo na necesidade de atallar, "con carácter urxente", o "preocupante" aumento de suicidios no CNP. 

relacionada A Xunta pon en marcha unha campaña de prevención de riscos no tractor
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE