A Xunta pon en marcha unha campaña de prevención de riscos no tractor

|

Tractorvolcadoaccidente

A Xunta e a Delegación do Goberno de Galicia colaboran na posta en marcha da campaña Prevención de riscos no tractor co obxectivo de reducir a sinistralidade neste ámbito con especial atención no rural.


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentaron hoxe na Coruña esta iniciativa conxunta, que se centra en alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros, informando de cales son as causas máis recorrentes dos accidentes, e achegar as recomendacións básicas coas que se evitarían moitos sinistros deste tipo.


A campaña recolle información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos e pola súa incidencia causal nos accidentes con tractor como son a seguridade viaria, a protección da toma de forza e do eixo cardánico, as proteccións do tractor fronte a envorcadura e medidas contra a envorcadura.


DISTRIBUCIÓN EN CONTROIS E ITV


Toda esta documentación plásmase nos 32.500 trípticos e 200 carteiras que se distribuirán nos controis de tráfico da Garda Civil en estrada específicos para tractores, nos puntos fixos da ITV e nas súas unidades móbiles para os vehículos agrarios e nos concellos galegos.


Esta campaña, tal e como destacou Toca, dá continuidade e completa outras actuacións que se están a desenvolver nos últimos anos por ambas administracións co mesmo obxectivo: reducir a sinistralidade e concienciar cara a unha cultura preventiva no uso do tractor, con especial fincapé no medio rural.


A secretaria xeral de Emprego fixo fincapé, ademais, no labor que está a desenvolver o ISSGA para minimizar ao máximo este tipo de accidentes salientado, ao respecto, que nos accidentes mortais en tractor máis do 95% de persoas non están afiliadas ao réxime especial agrario, é dicir, son sinistros non laborais sendo a idade medida da maior parte dos sinistros de máis de 65 anos. A meirande parte deles prodúcense cando se realizan tarefas agrarias ou nos seus desprazamentos.


Neste senso, a secretaria xeral de Emprego apuntou que 2015 se pechou sen ningún accidente mortal co uso de tractor no ámbito laboral.


AXENDA 20


Por último, Toca lembrou que a Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral, ten como un dos seus obxectivos principais garantir un emprego seguro e de calidade como elemento clave da competitividade.


Ademais, subliñou que o sector agrícola é clave na economía galega e, por iso, indicou que é tamén un reto prioritario mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras galegas no ámbito rural. Para iso, explicou que a Xunta, a través do ISSGA, deseña medidas encamiñadas á prevención de riscos neste sector que dan resposta ás demandas do tecido empresarial galego.


Para rematar, a secretaria xeral de Emprego salientou que a prevención de riscos no traballo é unha actuación de todos os interlocutores sociais. “Todos estamos unidos por un obxectivo común, mellorar as condicións de traballo e reducir a sinistralidade”.

relacionada ​Morre o home de 57 anos que sufriu un accidente de tractor en Arzúa
relacionada ​Muere un hombre en un accidente de tractor en Becerreá
relacionada ​Muere una niña en Mondoñedo al volcar el tractor que conducía un familiar

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress