Os avogados de Santiago apostan por normalizar o galego na Xustiza

|

Colexioavogadossantiago


O Colexio de Avogados de Santiago acolleu este martes a X Xornada Xustiza e Lingua 'Reflexións para a normalización', organizada polo servizo de Asesoramento Lingüístico da institución colexial.


A apertura do encontro correu a cargo do decano do Colexio, Evaristo Nogueira, e a ela asistiu tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.


Durante a apertura, Evaristo Nogueira destacou a aposta da institución pola normalización do uso do galego nas súas actividades, un proceso que se comprometeu a continuar. Pola súa banda, Valentín García lembrou que aínda quedan "pasos por diante" para conseguir que o galego sexa "unha lingua de uso común na Xustiza".


Entre outras persoas, nas mesas redondas e relatorios participaron a xuíza Carmen Pose Amado e o filólogo Henrique Monteagudo, secretario da Real Academia Galega, entre outros.

relacionada ​Ourense contará cun museo da lingua galega protagonizado polos Bolechas
relacionada Animan ao sector empresarial de Galicia a 'falar' en galego
relacionada Encher a rede de vídeos en galego, obxectivo de 'Youtubeir@s'

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress