Encher a rede de vídeos en galego, obxectivo de 'Youtubeir@s'

|


Encher Internet de vídeos e creacións en lingua galega. É a premisa da que parte 'Youtubeir@s', un concurso co que se busca incentivar a presenza do idioma propio nas redes sociais.


A iniciativa xorde do traballo de once servizos de normalización lingüística, en concreto dos municipios da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, ademais das tres universidades galegas.


O certame busca aumentar o peso e o uso da lingua galega nos contidos dunha das redes sociais máis empregadas no mundo, ademais de animar aos cidadáns para compartir as súas habilidades, criterios e coñecementos mediante vídeos autoproducidos.


Actualmente, Youtube sitúase como a segunda rede social máis empregada despois de Facebook, superando os mil millóns de usuarios que cada día descobren, visualizan e comparten contidos.


É aí onde actuará 'Youtubeir@s', unindo o elemento da lingua galega ás oportunidades das TIC, e á súa vez estendelo entre a mocidade, dada a presenza desta rede social nos hábitos de vida entre a sociedade e nas franxas de idade temperás.


Deste xeito, poderán presentarse todos aqueles individuos que superen os 14 anos de idade a través dunha inscrición en liña. Os participantes participarán con pezas tutoriales, na categoría 'Vídeo-facermos', ou con creacións de opinión e valoración sobre un tema ('Vídeo-opinarmos').


As creacións participantes non poderán superar os cinco minutos de duración, estarán producidos en galego e colgados en Youtube, ademais de estar licenciados en 'Creative Commons'. Cada categoría será premiada con 1.000 euros e asignaranse catro menciones honoríficas de 500 euros cada unha.


INCREMENTAR A PRESENZA DO IDIOMA


En rolda de prensa, Carmen Silva, por parte da USC, valorou esta oportunidade para "establecer canles de interlocución directa" entre universidades e municipios máis aló de cuestións académicas, e confía en que esta experiencia se repita "con máis concellos en próximas edicións".


Pilar Pérez, concelleira de Teo, destacou esta "actividade pioneira de acción dinamizadora" para favorecer a transmisión de coñecemento e darlle "un empuxe" ao galego oral a través das novas tecnoloxías.


Alberto Oubiña, do concello de Pontevedra, situou á mocidade como "un sector fundamental" sobre o que "focalizar esforzos" para fomentar o uso e presenza da lingua de fronte o futuro.


Finalmente, Mónica Fernández, de Ourense, insistiu na importancia de "visibilizar" o idioma na rede, para así "liquidar a súa escasa presenza", concienciar á sociedade para producir contido e á vez ofrecer formación, a través de talleres que se impartirán nas administracións locais que o desexen.

relacionada ​Ourense contará cun museo da lingua galega protagonizado polos Bolechas
relacionada Galego e asturiano seguiron camiños similares ata o século XIX
relacionada ​Galicia es la comunidad con menor tasa de internautas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress