O Concello de Santiago ratifica a Duarte pero retíralle competencias

|

Concejalurbanismosantiago


O Goberno local de Santiago de Compostela ratificou no seu cargo ao concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, aínda que retirou as súas competencias en materia de concesión de licenzas e potestade sancionadora, que recaen desde este venres no concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.


Así o anunciou este venres o alcalde santiagués, Martiño Noriega, en comparecencia de prensa tras a citación da Fiscalía a Duarte a declarar o próximo 15 de febreiro en calidade de investigado --a figura que substitúe á imputación-- por un suposto delito de prevaricación por trato de favor ou trato desigual a locais de lecer da capital galega.

relacionada ​O edil de urbanismo de Santiago non dimitirá polo caso das sancións a pubs
relacionada ​O Concelleiro de urbanismo de Santiago rexeitou pechar o Tarasca porque había "dúbidas"
relacionada Villares: "Existe unha precariedade laboral que se traslada á precariedade das persoas"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress