#Claves de la semana

Echenique defende "descentralizar" Podemos e facelo máis "horizontal"

Asegurou estar dacordo coas formulacións de organizacións autonómicas como a Podemos andaluza, que goza de máis autonomía. 


|

Echenique 4


O secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, considerou necesario "descentralizar" a formación morada na nova etapa que se abre coa celebración da súa segunda asemblea estatal para que "as organizacións autonómicas teñan máis autonomía".


Antes de participar nun acto enmarcado na xira 'Atarse os cordóns' en Santiago de Compostela, Echenique asegurou estar "de acordo" coas formulacións de organizacións autonómicas de Podemos, como a andaluza, para dotalas dun maior poder.


"O primeiro Podemos que deseñamos, porque o pedía o momento político e porque foi a análise que fixemos nese momento, tiña varias características", lembrou Echenique, que destacou que era un Podemos "bastante vertical e bastante madrileño".


Fronte a iso, na nova etapa que a formación empeza coa celebración da súa segunda Asablea Estatal, Echenique apostou por "descentralizar a organización e facela máis horizontal". "Como secretario xeral de Podemos Aragón comparto a necesidade de que a organización autonómica teña máis autonomía, unha petición que é lexítima e boa para o debate", indicou.


"FERRAMENTA POLÍTICA"


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, trasladou este venres ao secretario de Organización de Podemos a mensaxe de que En Marea é "a ferramenta política" que en Galicia está ao servizo da unidade popular.


Durante a charla, que tivo lugar despois de que Echenique participase nunha reunión con cargos institucionais e orgánicos que lle trasladaron as súas diferenzas sobre o rumbo da organización en Galicia, Villares aproveitou para lembrar ao dirixente de Podemos que ambos comparten uns "principios" de unidade popular aos que En Marea "serve como ferramenta política".


Na charla, Echenique comentoulle ao portavoz do partido instrumental que traballou este venres nun vídeo en galego para chamar á participación para a Asemblea Estatal de Podemos. Tras iso, o portavoz do partido instrumental animouno a realizar outro pedindo a participación no plenario que En Marea celebrará o vindeiro sábado 17 de decembro en Santiago e co que inicia o proceso de renovación da súa dirección.


OBRIGA ECONÓMICA CO PARTIDO


Echenique defendeu tamén que os cargos públicos de Podemos "teñen unha obrigación" co partido pero recoñeceu que corresponde "ao ámbito autonómico galego" decidir que deben de facer os deputados galegos cos seus salarios.


O responsable de organización pronunciouse deste xeito este venres ao ser preguntado polas diferenzas xurdidas ao redor da dobre adscrición dos cargos de Podemos que pertencen ao Grupo Parlamentario de En Marea e a que formación deben corresponder economicamente.


Respecto diso, tras insistir en que este é "un tema galego" e que a súa opinión "non é vinculante", asegurou que o seu punto de vista é "que a xente que pertence a podemos ten unha obrigación con Podemos".


Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, lembrou que esta decisión "non é unha decisión política" senón "estatutaria". "Temos un código ético que prevalece cando nos presentamos a cargos e a formar parte de Podemos que segue estando en vigor, por tanto, terá que verse como se encaixa a carta financeira -de En Marea-- co código ético de Podemos", remarcou.


"É unha cuestión interna que temos que arranxar internamente e que se arranxará da mellor maneira", resolveu a líder de Podemos en Galicia.

relacionada ​Iglesias y Errejón se enfrentan por el rumbo que debe tomar Podemos
relacionada En Marea ten acordado "desde hai tempo" o límite de salario dos deputados
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE