PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • transporte público
  • Coruña
  • xunta galicia
  • emprendimiento

Un informe alerta da "alta temporalidade" e "excesiva" rotación na sanidade pública

A taxa de temporalidade é do 31,6% e 193.000 persoas traballan con contratos temporais, dos cales o 54% son interinos. 

Redacción
Redacción
| lunes, 12 de diciembre de 2016, 12:32
  • 0
ARCHIVADO EN | alta temporalidade rotacion calidade do emprego sanidade pública comisións obreiras

Enfermeria


A Secretaría de Protección Social e Políticas Públicas de Comisións Obreiras elaborou un informe no que denuncia a "alta temporalidade" na contratación e a "excesiva" rotación na sanidade pública.


En concreto, o informe sinala que a sanidade pública, cunha taxa de temporalidade do 31,6 por cento, supera a media xeral así como a rexistrada na sanidade privada ou no conxunto dos sectores públicos non sanitarios.


Ademais, 193.000 persoas traballan con contratos temporais, unha cifra que creceu tanto en termos absolutos como relativos desde 1999 como consecuencia da necesidade de expansión do sistema sanitario público polo incremento da demanda e os límites tanto á reposición de efectivos como á xeración de novo emprego.


A maior parte desta elevada temporalidade concéntrase no número de prazas estruturais ocupadas de forma interina. De feito, segundo o sindicato, o 54 por cento dos temporais traballan como interinos nos servizos de saúde. Sobre o conxunto do emprego, supoñen o 17 por cento do total de profesionais na sanidade pública.


TEMPORALIDADE DUAL


Do mesmo xeito, o traballo de CCOO puxo de manifesto que a temporalidade neste ámbito é dual e, xunto a estas interinidades prolongadas, hai unha bolsa de temporalidade na que os profesionais ven sometidos a unha excesiva rotación. Así, máis de 12.000 persoas, realizaron máis de doce contratos nun só ano, chegando algunhas a un pico máximo de 154 contratos nun só ano para traballar 263 días en 2014, "máis que calquera outro estatutario cunha praza consolidada".


O terceiro aspecto que se resalta no informe é que hai unha "excesiva antigüidade" na temporalidade, posto que o 65 por cento leva máis de tres anos traballando como temporal, e case un terzo máis de dez anos. Unha antigüidade que se produce tanto nos interinos como entre o resto de temporais.


Para corrixir esta situación, o sindicato propón actuar no campo normativo removendo os límites á reposición de efectivos e a xeración de novo emprego; promovendo unha convocatoria extraordinaria; modificar os actuais Estatutos; e cumprindo as previsións para definir as prazas como estruturais.


Finalmente, aconsella no ámbito da negociación colectiva, non só prever necesidades e recursos senón tamén promover outro modelo de relacións laborais diferente ao imperante na maior parte do SNS; e promocionar medidas que permitan unha maior calidade no emprego eventual, racionalizando a actual rotación laboral.

relacionada ​Nas Urxencias Pediátricas do CHUS, as familias ármanse de paciencia
relacionada Traballadores e usuarios do CHUVI recibiron "máis de 1.600 multas" de estacionamento
relacionada O Sergas indemnizará con 10.000 euros a un ourensán polas "intolerables" listas de espera
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Denuncian a un local de Lugo que carecía de extintores, seguros y carteles de información reglamentarios

BNG vería "inexplicable" que el TS no confirme la salida de Ence de la ría y PSdeG acusa a PP de la "inseguridad" legal

La sanidad pública, una semana más en el foco del debate político con la manifestación del día 12 en el horizonte

Los servicios del Ayuntamiento de Santiago ubicados en la nave de Desproi dejarán la instalación el 28 de febrero

Cabeceralomasleido 1
1
El sospechoso de matar a su pareja en Baiona ha sido apresado en Ourense
2
Así se puede salvar el sistema público de salud en Galicia
3
Al menos 14 detenidos en el campamento de narcotráfico de 'Los chaquetas', en Ferrol
4
Un joven de 18 años es acuchillado en A Coruña por presuntos miembros de la banda Latin Blood
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora