#Claves de la semana

​CCOO insta á Xunta a incrementar o tempo de traballo dos bombeiros forestais

O sindicato pide á Xunta que reformule a súa política de prevención de incendidos e que abra unha mesa de negociación


|

Brifbombeirosforestais


O sindicato CCOO pediu este martes á Xunta que "reformule" a súa política de prevención de incendios forestais e, con ese fin, chamou a abrir unha mesa de negociación.


A través dun comunicado de prensa, Comisións Obreiras lamentou que o departamento que dirixe Ángeles Vázquez "non prevexa" incrementar o tempo de traballo do persoal fixo-descontinuo para que poida facer tarefas de prevención xa desde esta época do ano.


"O traballo que se faga agora, no inverno, redundará positivamente no verán", sostivo o sindicato tras o cesamento o pasado 30 de novembro dos 626 fixos-descontinuos que traballan nove meses ao ano.


Xa o 30 de setembro, como lembrou, cesaron os 436 que unicamente desenvolven o seu labor no verán. Así é que, denunciou, o servizo de prevención de incendios forestais está actualmente con "menos da metade" dos seus efectivos: o 45,23 por cento.


Na citada mesa de negociación, CC.OO. aspira a demandar o "reforzo" do servizo co desenvolvemento do acordo encamiñado a incrementar o tempo de traballo do persoal, entre outras medidas.

relacionada Bombeiros forestais condenados a traballar só tres meses
relacionada Os traballadores contra incendios terán a categoría de bombeiros forestais
relacionada ​Nace a Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia ATRIFOGA
Última hora

1 Comentarios

1

Os tres meses se morren ka fame e igual,subidelle o sueldo os funcionarios mais os politicos.

escrito por Jesus 14/dic/16    12:24

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE