Intérpretes galegos, preocupados pola escasa produción do CDG para 2017

|

Centrodramaticogalego


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) emitiu este venres un comunicado no que expresou a súa "inquietude" e "decepción" ante a "escasa produción" e a "baixa contratación actoral" que desenvolverá o Centro Dramático Galego (CDG) durante a súa tempada 2017.


Tras a presentación esta semana da programación da compañía pública para 2017, a asociación lembrou que o CDG adaptará dúas pezas de Valle-Inclán ao galego, 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán', deixando, con todo "coxa", a triloxía 'Martes de Entroido', xa que non se fará o mesmo con 'Os cornos de Don Friorenta'.


A asociación criticou que esta decisión se tomou "por cuestións orzamentarias que non responden a criterios artísticos" e lamentou que toda a produción do CDG para 2017 quede "reducida a unha obra" que, "por moito que sexa un espectáculo dobre, non deixa de ser unha única montaxe cunha única estrea e unha única xira por Galicia".


Finalmente, a AAAG criticou que o elenco destas pezas vaia a estar formado "unicamente por 10 intérpretes", un "volume de contratación totalmente inaceptable" por parte dun Centro Dramático, que "ha de recuperar o seu papel de teatro nacional" para Galicia.


Fronte a isto, a asociación reclamou que o CDG "incremente a súa produción anual" e que as producións que leve a cabo aumenten os seus elencos, á vez que pediu que se recupere o Consello Asesor como "espazo de diálogo" coa profesión.

relacionada ​O 60% dos actores galegos viven por baixo do limiar da pobreza

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress