PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ENCE
  • SERGAS
  • INDITEX
  • Ley solo sí es sí

​O MAC inaugura este xoves a exposición 'O dobre da metade', de Rubén Ramos

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña inaugura este xoves, ás as 20,00 horas, a exposición do compostelán, que reunirá 60 obras. 

Redacción
Redacción
| jueves, 22 de diciembre de 2016, 11:18
  • 0
ARCHIVADO EN | MAC Rubén Ramos exposición

Eldobledelamitadrubenramosbalsa


O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña inaugura este xoves, ás as 20,00 horas, a exposición 'O dobre da metade', do compostelán Rubén Ramos Balsa.


Segundo a organización, este proxecto expositivo supón a primeira presentación ampla do seu traballo en España e mostra "como o propio avance da tecnoloxía e a procura de novas formas de presentar as obras fan que cada unha das pezas se atope nunha constante evolución".


A mostra reunirá un total de 60 obras "que constatan momentos irrepetibles que poden ser lidos como sinxelos exercicios de física ou mecánica que cuestionan a percepción do espazo visual", tal e como detallou.


Entre fotografías, vídeos, esculturas e instalacións, poderanse ver cinco grandes obras que o artista galego modificou e adaptou especificamente para as salas do MAC, como 'A clase mar'; 'Pés de chumbo', 'On the Edge of Water' e 'Soprar'.


O AUTOR


As obras de Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978) móvense entre o exercicio científico e a beleza revelada nas composicións elementais de dobres, na versatilidade e ductilidade de materiais e obxectos, ou nas súas reaccións fronte ás determinacións do espazo e do tempo. Neste sentido, as súas series fotográficas e os seus vídeos constatan momentos irrepetibles e detidos que poden ser lidos como sinxelos exercicios de física e mecánica que interrogan sobre a percepción do espazo visual.


A maneira de organizar e deseñar a exposición non se aten a criterios formais nin de formatos, e menos aínda cronolóxicos, se non que máis ben responde o traslado dunha forma de pensamento e de organización conceptual que é, en definitiva, a que rexe a maneira na que Ramos Balsa crea as súas pezas, interrelaciónaas e modifícaas. Deste xeito, a exposición concíbese máis ben como un laboratorio aberto ou un diagrama de espazos e vectores que circulan e aliméntanse entre si.


Por outra banda, a natureza de cada obra, con independencia do seu formato, ábrese a unha interpretación ampliada de maneira que, por exemplo, a fotografía pode remitir a unha práctica performativa ou a escultura a un exercicio científico, e así sucesivamente. Este aspecto, relativiza e cuestiona o status pechado das pezas que pola contra se definen máis ben como estruturas abertas ou ensaios susceptibles a novas relacións 'familiares'.


O carácter retrospectivo da exposición, non se refire tanto á localización dunha boa parte da produción do artista desde principios dos anos dous mil -momento no que efectivamente comeza a desenvolver o seu traballo- ata o presente, senón á posta en escena de diferentes investigacións que flúen e se cruzan nun espazo dado, co obxectivo de tornar o espazo expositivo nun ámbito esencialmente experiencial.

relacionada O Gaiás acolle unha simbólica exposición sobre a transformación da paisaxe galega
relacionada ​Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro'
relacionada ​Jorge Mira e Carlos Rodríguez Brandeiro, novos académicos na RAG
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Detenidos dos hombres por un atraco en un comercio 24 horas de Ourense

La Xunta recoge en Vigo el Premio Feafes otorgado por su labor de inserción laboral de personas con enfermedad mental

Aplazado por la huelga de letrados un juicio en Ourense contra un hombre acusado de abusos sexuales a su hija

Jácome: "Nunca en la historia de Ourense hubo un gobierno o un alcalde que abordase tal cantidad de gestión de obras"

Cabeceralomasleido 1
1
Dos autobuses de Monbus tiroteados en Betanzos, sin dejar heridos pero sí daños personales
2
¿Dónde y cómo puedo ayudar a Turquía y Siria? Esta es la lista de cosas que ONGs y voluntarios piden para la ayuda humanitaria
3
Estrella Galicia compra Grandes Pagos, bodega del presidente del Celta en la que fue accionista un conselleiro
4
​¿El nuevo desafío de Marruecos a España es un tema económico?
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora