#Claves de la semana

Amaina o temporal interno do PSdeG

Pilar Cancela declara que nos últimos días a crise no partido semella ter calmado, "como ten que ser".


|

Pilarcancelaleiceaga


A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, subliñou este xoves que, "cando as cousas transcorren con normalidade, non vale a pena comentar nada", en relación á situación interna do partido. Cancela foi preguntada polos xornalistas polo momento actual que afronta o PSdeG, nunha rolda de prensa conxunta co portavoz dos socialistas no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga.


En concreto, interrogada sobre se a crise interna acougou nos últimos días, Cancela afirmou que "como ten que ser", e reivindicou estar "a traballar día a día", como esta mesma xornada, na que se reuniron deputados do PSdeG no Parlamento de Galicia, Congreso e Senado para coordinar a estratexia política.


Así, incidiu en que a formación "está para facer propostas", como as que trasladaron na comparecencia sobre o AVE e a AP-9, e destacou que "as cuestións orgánicas non achegan nada aos intereses xerais" dos cidadáns.

relacionada ​Formoso nega ser o contrapunto de Abel Caballero dentro do PSdeG
relacionada ​Militantes do PSdeG reclaman á xestora que convoque "xa" o Congreso Federal
relacionada Cancela abre a porta a integrar os críticos na xestora do PSdeG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE