Deputación e Fundación Carlos Casares intensifican a súa colaboración de cara ao 'Día das Letras'

|

Xabiercasaresmanuelbaltar

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de reunirse cos directivos da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares, presidente; Gustavo Garrido, secretario, e Håkan Casares, administrador e fillo de Carlos Casares, con que analizou as liñas de colaboración que a institución provincial manterá coa fundación en 2017, ano de especial relevancia para a figura de Carlos Casares, ao dedicarse ao autor ourensán o Día das Letras Galegas.


Neste sentido, Deputación de Ourense e Fundación 'Carlos Casares' intensifican a colaboración no ano no que Casares será o protagonista literario en Galicia, e no cal se desenvolverán actos de lembranza da súa figura e obra, e tamén se estudará a creación dun premio literario que leve o nome do intelectual ourensán.


Neste sentido, Baltar confirmou que o apoio da institución provincial á Fundación 'Carlos Casares' se vai incrementar ata os 50.000 euros, no ano en que se lle dedican as 'Letras' ao escritor limiao. Manuel Baltar reivindicou que o 2017 sexa o ano de Casares dicindo que é “algo polo que todos os defensores da nosa lingua e da nosa cultura debemos felicitarmos, porque un dos grandes das nosas letras terá a homenaxe que se merece”. 


Baltar tamén salientou o traballo que desenvolve a Fundación 'Carlos Casares' remarcando que a Deputación de Ourense colabora activamente con ela, "porque o labor que realiza para difundir e promover a obra de Casares engrandece aínda máis a figura deste autor ourensán, fortalecendo así a toda a nosa literatura".

relacionada Carlos Casares será o homenaxeado no Día das Letras 2017
relacionada O alcalde de Ferrol reivindica o Día das Letras Galegas para Carvalho Calero
relacionada Manuel María, o galeguista que capturou a Terra Chá nos seus versos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress