#Claves de la semana

O alcalde de Ferrol reivindica o Día das Letras Galegas para Carvalho Calero

Suárez entende que a RAG ten unha "débeda" non só coa figura do profesor, senón que mesmo coa cidade de Ferrol


|

Carvalhocaleroportalgalegodalingua

Carvalho Calero, na compostelá Praza da Quintana // pgl.gal


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), reivindicou "para a figura do ferrolán Ricardo Carvalho Calero" que "desde a Real Academia Galega (RAG) sexa recoñecido como unha figura importante e que así quede representado no Día das Letras Galegas" xa que, á súa entender, esta é "unha débeda xa non só coa figura do profesor, senón que mesmo é coa cidade de Ferrol".


O rexedor de Ferrol así o asegurou durante a entrega do XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de Investigación Lingüística, que convoca cada dous anos a Concellería de Cultura de Ferrol, en colaboración coa Sociedade Cultural Medulio, e que ten por obxecto promover a creatividade artística e literaria.


O gañador desta edición foi Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, doutor en Filoloxía Galego-portuguesa e profesor da Universidade da Coruña (UDC), polo seu ensaio 'Fernando Osorio do Campo, unha vida sen tregua'.


Jorge Suárez asegurou que "se hai unha figura" da que os ferroláns deban sentirse "orgullosos no ámbito cultural", esa é Ricardo Carvalho Calero e, por iso, lembrou que o recoñecemento para o que foi filólogo e escritor, ademais de profesor, así como membro numerario da Real Academia Galega, "é unha demanda tanto da sociedade como institucional, xa que foi aprobado de maneira unánime no pleno deste Concello".


GRATITUDE E SATISFACCIÓN


Pola súa banda, o galardoado, Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, mostrou o seu agradecemento tanto ao Concello de Ferrol como á Sociedade Cultural Medulio "por manter a fonda unión entre a investigación lingüística de ensaio e o nome de Carvalho Calero", ademais de por "apoiar o labor dos investigadores e de manter no tempo un premio destas características".


Nesta edición presentáronse dez traballos asinados por nove persoas e, por unanimidade, o xurado decantouse polo traballo realizado por Carlos Caetano Biscainho. A obra gañadora será publicada polo Concello de Ferrol e ao seu autor entregóuselle un premio de 3.700 euros. Pola súa banda, o XXI premio de Creación Literaria foi declarado deserto.

relacionada El Ayuntamiento de Ferrol recuerda la figura de Ricardo Carvalho Calero
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE