#Claves de la semana

​Ángela Rodríguez, 'errejonista', non ve cuestionado o liderado de Pablo Iglesias

A deputada galega de Podemos non se dá por aludida polas críticas do sector 'pablista' e recoñece que "cada minuto que dedicamos a falar de nós mesmos é un minuto perdido".


|

Angelarodriguezpodemosgalicia


A deputada de Podemos Galicia Ángela Rodríguez non se dá "por aludida" polas críticas que reciben os 'errejonistas' nas últimas semanas. "Eu estou moi tranquila", asegurou nunha entrevista na Radio Galega. E lamenta que se estea "entrando nun período no que dar a nosa opinión política está mal visto", pois os "toques de atención por dicir o que se pensa", considéraos propios doutros partidos.


Ángela Rodríguez enmarca o cisma interno no "contexto da asemblea cidadá" de Vistalegre II, aínda que recoñece que "o que vemos ultimamente dista de ser un debate repousado". Pero xustifica que "nas prazas do 15-M non había consenso, a xente estaba en desacordo, pero debatíase" e ese "espírito" é o que desexa para Podemos.


Onte, a secretaria xeral da formación en Galicia, Carmen Santos, saíu en defensa de Pablo Iglesias ao tempo que cargou contra as "dinámicas e estratexias" dos que se sitúan como afíns ao número dous, Íñigo Errejón.


VISTALEGRE II


Cuestionada sobre se o próximo cónclave pode deixar un Podemos dividido, Ángela Rodríguez cre que "temos a responsabilidade de que non sexa así, porque a xente quere pluralidade e, cando nos enfrontamos a consultas con resultados tan axustados, ao día seguinte hai que integrar todas as opcións".


Dixo tamén confia "na responsabilidade dos nosos dirixentes para que saiamos máis unidos". "A democracia consiste en que convivan as distintas opinións, e en Podemos camiñamos cara a iso", sostivo.


EN MAREA


Na entrevista defendeu tamén a creación de En Marea, aínda que asume que "neste momento temos un saldo negativo" porque aínda está por rematar de construír. Considera que "a responsabilidade á que nos enfrontamos é histórica, a xente votounos porque nos ve como unha alternativa seria ao PP", e por iso dixo que "cada minuto que dedicamos a falar de nós mesmos é un minuto perdido".


Así, ve necesario o "debate político que está por dar" e que definirá o "encaixe das partes" na marea, "un espazo político no que conviven partidos, coalicións e persoas".


Nese sentido, Ángela Rodríguez destacou a limitación que se impuxeron sobra a acumulación de cargos institucionais e orgánicos, e que se camiñe cara a unha organización "sen liderados exclusivos".

relacionada ​Carmen Santos defiende que Errejón es "absolutamente fundamental", pero carga contra los 'errejonistas'
relacionada ​Echenique ve a Podemos "en peligro" por la lucha de poder entre Iglesias y Errejón
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE