Santander Sí Puede pide a dimisión de De la Serna por 'non cumprir a súa palabra'

|

Inigodelaserna

O grupo municipal de Ganemos Santander Si Puede pediu a reprobación e a dimisión do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, exalcalde da cidadepola súa negativa a comprometerse coas demandas das vítimas do accidente do Alvia agora que forma parte do Goberno central, en contraposición co que fixo en xullo, sendo rexedor santanderino.


A concelleira Tatiana Yáñez-Barnuevo Malo censurou que non aceptase a comisión de investigación sobre o sinistro, cando, só uns meses antes, como alcalde de Santander, se comprometeu a esixila ao Executivo central.


Por iso, Ganemos Santander Si Puede pretende que o Concello de Santander reprobe "a incoherencia e irresponsabilidade do Ministro de Fomento faltando ao respecto ás vítimas e desdicíndose agora como corresponsable do goberno da nación, do que no seu día, esixiu ao goberno da nación como alcalde da cidade de Santander".


Busca que o Consistorio esixa a Fomento "que cumpra co compromiso que solemnemente contraeu ante as numerosas vítimas, como alcalde de Santander, ou na súa falta, se non cumpre co compromiso contraído, que asuma a súa responsabilidade como servidor público e dimita".


Ademais, quere que o Concello pida desculpas ás vítimas "pola reprobable e irresponsable incoherencia do ministro desdicíndose do que prometeu como alcalde e esixiu ao Goberno do Estado do que hoxe forma parte".

relacionada ​"Decepción" entre las víctimas de Angrois por la negativa de De la Serna a cumplir sus compromisos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress