#Claves de la semana

As redeiras non terán dereito a beneficiarse de reductores da idade de xubilación

O Goberno contestou á pregunta no Congreso de En Marea argumentando a negativa en que estes aplícanse só a actividades "de natureza excepcionalmente penosa, tóxica, perigosa ou insalubre".


|

Redeiratecendo


O Goberno central vén de responder a En Marea que considera que as redeiras non deben beneficiarse de coeficientes reductores da idade de xubilación.


Así o contestou o Goberno, tras unha pregunta por escrito no Congreso de En Marea, que apunta que estes coeficientes reductores "está prevista, unicamente, para aquelas actividades profesionais de natureza excepcionalmente penosa, tóxica, perigosa ou insalubre nas que se acusen elevados índices de morbilidade ou sinistralidade". No caso das redeiras "non se apreciaron ningunha das características", aínda que admite que a súa actividade "pode desenvolverse en condicións non moi saudables".


Respecto diso, a deputada de En Marea Alexandra Fernández cre que "ofrece unha resposta contraditoria", xa que "implicitamente, e aínda que sexa parcialmente, está a recoñecer que fan o seu labor en condicións non moi saudables, á vez que afirma que non contan coas características".


Neste sentido, Alexandra Fernández remarca que esta é unha "demanda histórica" que "levan anos reclamando unha redución da idade de xubilación debido ás condicións de penosidade e insalubridade que reviste o labor de tecer e reparar redes".


Así, sinala que este traballo "leva numerosas doenzas derivadas desta actividade profesional" pois "pasan moitas horas reparando horas reparando redes na mesma posición o que lles provoca enfermidades relacionadas co aparello muscoesquelético como artrose, lumbalxias e outras doenzas".


En Galicia hai máis dun milleiro de persoas dedicadas a este labor, das cales máis do 80 por cento son mulleres, que "levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos".

relacionada Lesiones de columna y dolencias reumáticas, enfermedades del gremio de las mariscadoras
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE