#Claves de la semana

Galaxia crea o Premio Illa Nova de Narrativa para autores menores de 35 anos

Poden presentarse autores menores de 35 anos con obras con novelas ou conxuntos de relatos de non menos de 100 páxinas, escritas en galego, inéditas e non premiadas con anterioridade.


|

Libretahombreboligrafoescrituracaligrafialibro

A Editorial Galaxia vén de crear o Premio Literario Illa Nova de Narrativa, que estará dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora, e co que pretende estimular a creación en autores menores de 35 anos "dándolle voz á xeración máis nova".


Segundo informou a editorial, este galardón nace 60 anos despois de que abrise unha colección co mesmo nome, da que saíron "algunhas das principais obras do que se deu en chamar a 'Nova Narrativa Galega'".


Coa mesma finalidade "de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria", a editorial abriu ata o próximo 31 de marzo a convocatoria para que os interesados presenten as súas obras.


En concreto, poden presentarse autores menores de 35 anos con obras --xa sexan novelas ou conxuntos de relatos de non menos de 100 páxinas-- escritas en galego, inéditas e non premiadas con anterioridade. O fallo darase a coñecer no mes de abril nun acto que se celebrará en Vigo.

relacionada Francisco Castro substitúe a Víctor Freixanes á fronte de Galaxia
relacionada TAB, tras ganar el Premio Ruido: "El éxito es llegar a gente que a priori no te va a escuchar"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE