Mar Barcón dimite como secretaria do PSOE coruñés

|

Marbarconpsoeacorua


A ata agora secretaria do PSOE Coruñés, Mar Barcón, comunicáballe esta tarde á Executiva socialista coruñesa a súa renuncia irrevocable como secretaria da agrupación local, segundo informa a CRTVG. 


A dimisión produciuse na reunión que estaba convocada para decidir quen sería o sucesor do portavoz municipal do PSOE no concello da Coruña, José Manuel Dapena, que onte presentaba tamén a súa renuncia polas discrepancias coa secretaria, tras unha reunión desta con Xulio Ferreiro ás costas do ex voceiro. 


Barcón aseverou que a súa decisión non obedece a "un feito puntual", como é a renuncia de José Manuel Dapena a continuar como portavoz en María Pita, senón que responde á súa interpretación de que é "o mellor" para o seu partido.


Tras comunicar o paso dado á súa executiva, na que --tal e como aseverou-- atopou "comprensión", a dirección federal do PSOE deberá constituír unha xestora que rexa a agrupación ata que corresponda a renovación orgánica.


Precisamente mañá reúnese en Madrid o máximo órgano do partido entre congresos para deseñar ese calendario, comezando polo conclave federal do que sairá unha nova dirección.


NON DEIXA O CONCELLO


Barcón deixa o seu posto "sen un átomo de rancor nin de resentimento" cara aos seus compañeiros de filas, senón con "agradecemento" por ter "a marabillosa honra" de liderar o PSOE local.


Convencida de que "se abre un tempo diferente" na súa formación, o que ten claro é que "de momento" non deixará a súa acta de concelleira. Iso si, deu por feito que non acabará a lexislatura no cargo.


SEN NOVO PORTAVOZ


Antes da reunión da executiva local na que Barcón comunicou a súa decisión "irrevogable" --que tamén trasladou aos órganos superiores do seu partido-- tivo lugar un encontro entre os seis concelleiros socialistas da Coruña para elixir novo portavoz.


Aínda que se barallaron os nomes de José Manuel García, afín á xa ex secretaria local, e de Silvia Longueira, finalmente pospúxose a votación.

relacionada ​La renuncia de Dapena agrava la división en el PSOE coruñés

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress