Brote de escarlatina: padre de Lalín alerta de posibles contagios en Urgencias y SERGAS rebate pidiendo calma
El SERGAS responde en términos muy duros al comunicado de la Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. El colectivo alertó ayer de un "brote de escarlatina" en Lalín, que relacionó con la "carencia de pediatras" y de pruebas en el centro de salud de la villa.
La Consellería de Sanidade destaca que tiene pruebas más que suficientes, aunque reconoce que puntualmente no hubo en Lalín debido a que en los últimos días se realizaron muchas pruebas allí.
La causa del aumento de los brotes de escarlatina es, según la Xunta, la misma que del alza de infecciones respiratorias, los niños conviven este invierno sin mascarillas en interiores por vez primera en años tras la pandemia de la covid.
La escarlatina es una infección bacteriana causada por Streptococcus pyogenes, un estreptococo. Sus síntomas incluyen dolor de garganta, fiebre alta, una erupción similar al papel de lija que comienza en el pecho y se extiende a otras partes del cuerpo y una lengua con textura de fresa. Otros síntomas pueden incluir náuseas, vómitos, dolor de cabeza y dolor abdominal.
El tratamiento generalmente implica un curso de antibióticos para matar las bacterias, como la penicilina o la eritromicina. Los analgésicos y los reductores de fiebre también se pueden usar para aliviar las molestias. Es importante terminar el ciclo completo de antibióticos, incluso si los síntomas mejoran, para garantizar que la infección se trate por completo y evitar posibles complicaciones.
Ante el nerviosismo desatado tras la denuncia remitida ayer a los medios y publicada en las redes, la Xunta pide tranquilidad, indica que es común que aparezcan brotes en centros escolares y que se trata de una dolencia de tratamiento fácil y mayoritariamente benigna.
VERSIÓN DE LOS DENUNCIANTES
La versión de la Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS es que hay relación entre la falta de personal sanitario suficiente, que es lo que motivó la multitudinaria manifestación de este domingo, y brotes como el de Lalín.
"A razón pola que isto se está producindo non é mais que, por un lado, a ausencia sostida de pediatras no Centro de Saúde e no PAC de Lalín, no cal nin pola tarde nin os fins de semana se dispón de medicina pediátrica e, por outro, a rotura de stock de tests diagnósticos", señala en un comunicado. Esa nota indica que son cuatro los afectados en Lalín y "alrededores", una cifra que no ha desmentido ni confirmado el SERGAS.
Como prueba, la Asociación remite el testimonio de un padre que denuncia que estuvo cinco horas con los niños infectados en la sala de espera de urgencias del CHUS, pudiendo contagiar a otros menores. Acudieron desde Lalín al hospital de Santiago molestos por lo que consideran mala atención del médico de guardia -que no era pediatra- en su centro de salud. Este es el testimonio completo del ciudadano E.R.V.:
O sábado 11 de febreiro acudo ao PAC de Lalín co meu neno de 8 anos que presenta sintomatoloxía compatible con Escarlatina e ademais é altamente probable que o sexa porque o seu irmán pequeno está con esta infección dende hai dous días. No caso do pequeno, acudimos ao centro médico durante a semana e pola mañá, razón pola que foi atendido por unha pediatra como corresponde. Con todo, a atención foi incompleta ao non poder ser confirmado o diagnóstico mediante test de Streptococcus do grupo A, xa que segundo nos din os facultativos, dende hai días non os teñen en ningún centro de atención primaria, nin nos PAC. Sen embargo, como a clínica que presenta é clara, considérase como tal. Dous días despois, o maior comeza a presentar os mesmos síntomas, polo que acudimos ao PAC por ser sábado. Chegamos alí, encontrámonos sen pediatra e con un médico de garda cuxa intervención se limita a indicarnos que tome antibiótico sen ter un diagnóstico claro por falta de auscultación e por no dispoñer de test. Pedímoslle que nos derivase a urxencias do CHUS para poder facerlle o test e unha diagnose adecuada, petición que nos é rexeitada, polo que decidimos de maneira unilateral acudir ao servizo de urxencias pediátricas do Clínico, para asegurar o diagnóstico e proceder co tratamento adecuado sen acceder ao uso irracional de antibióticos, en caso de que non se confirmase a infección.
Chegamos a urxencias do CHUS e fomos tratados de maneira moi profesional así como testemuñas da sobrecarga á que están sometidos os insuficientes facultativos do servizo de urxencia pediátrica. A chegada foi en torno ao mediodía e obtivemos os resultados ás 17h. Case cinco horas nas que os nenos infectados estiveron na sala de espera con outros nenos e nenas, co risco de coinfeccións que iso representa. No período de tempo que estivemos alí vimos como chegaba un neno máis da mesma zona coa mesma sintomatoloxía, alegando tamén que non tiñan sido atendidos por pediatría no PAC de Lalín, porque non o había. Finalmente, o noso neno saíu positivo na infección por estreptococo do grupo A, causante da escarlatina e só puidemos confirmalo, desprazándonos a 70 km da nosa casa (pois vivimos en outro concello do Deza que non é o pobo de Lalín) cando tiña que ter sido feita a 15km.
En opinión de la Asociación, estamos ante algo "intolerable e inmoral" producto de un "abandono consciente y premeditado" del sistema público de salud.
CONTESTACIÓN DE LA CONSELLERÍA DE SANIDADE
¿Qué responde el SERGAS? Lo primero que hace es señalar la "alarma existente" tras la difusión del comunicado y después intenta tranquilizar a la población argumentando que sí hay medios suficientes y que ni la escarlatina es especialmente peligrosa, ni infrecuente. Esta es la respuesta completa enviada por la Xerencia del Área Sanitaria de Santiago - O Barbanza a Galicaipress este mediodía:
Ante a alarma xerada polo comunicado da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a Xerencia da área sanitaria quere trasmitir absoluta tranquilidade á poboación.
A dotación de pediatras na área do Deza está ao completo e a escarlatina é unha enfermidade maioritariamente benigna, con tratamento e fácil diagnóstico mesmo pola clínica, e para cuxa atención os profesionais da Sanidade pública galega están perfectamente capacitados. Tanto pediatras como médicos de familia.
Por outra parte lembrar as recentementes declaración feitas por Susana Rey, presidenta da Sociedade Galega de Pediatría, que exerce no Hospital Clínico, que subliñou que “levamos centos de casos rexistrados e mesmo gromos en centros escolares de toda Galicia, e non hai ningunha razón para a alarma”.
“A escarlatina é hoxe en día unha infección común, causada polo estreptococo A. Trátase de algo rutineiro para calquera pediatra e mesmo é menos contaxiosa que a gripe. Non é preciso illamento, pero si que os nenos queden na casa, para coidarse mellor e non transmitir, e que eviten estar preto de meniños moi pequenos, que son os que poden ter máis complicacións. O diagnóstico é doado e confírmase con tests en poucos minutos. O importante é sempre tratar a infección, neste caso con antibióticos, sempre por prescrición facultativa”.
“A súa repunta débese ao mesmo ca o resto das infeccións infantís: a que os nenos máis pequenos tiñan desadestrado o sistema inmune por ter menos contacto social nos últimos anos e polo uso da máscara”.
Por outra banda subliñar que en Galicia hai test de abondo, no centro de Saúde de Lalín houbo estes días un consumo superior á media e se servirán en breve os test, que confirman o diagnóstico pero que non son imprescindibles cando a clínica está clara.
Escribe tu comentario