Editorial

miércoles, 1 de junio de 2016

Andan as enquisas dándolle serios disgustos aos dirixentes socialistas da madrileña rúa Ferraz. É como se todas as forzas do averno se tiveran conxurado contra o partido que fundara o avó Pablo Iglesias (non confundir co coletas actual) para aparcalo o próximo día 26 de Xuño, xusto na "pendente histórica" da terceira praza electoral, dende a que iniciaría unha triste deriva cara o museo da historia para acompañar de forma irreversible ao PSI de Bettino Craxi ou ao PASOK da familia Papandreu. 

O de Hipercor non debe esquecerse
miércoles, 18 de mayo de 2016

Para os xornalistas que cubrimos a información aquel 19 de xuño de 1987, a data resúltanos inesquecible. Polo que vimos e polo que contamos, aínda gardamos un sentimento de horror polo asasinato de 21 concidadáns e as feridas causadas a outros 45 para os que a vida, a partir daquel momento, escureceuse para sempre.

 

martes, 3 de mayo de 2016

Aínda que ninguén o dixo e todavía hai moita tea que cortar dentro do Partido Popular, aos dirixentes do partido que fundara Manuel Fraga e levara ao cenit do poder José María Aznar, pícalles a curiosidade estos días por coñecer canto tempo vai continuar no poder Mariano Rajoy, tras dilapidar a súa maioría absoluta e pasarse ao "tancredismo" dende o que intimidou aos seus para que o sigan vendo como a única cabeza de lista posible de cara ás inmediatas eleccións lexislativas. 

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Da Declaración unilateral de independencia que aprobaron en solitario 72 deputados, no Parlament de Cataluña que están avalados por 1.966.000 votos (o 35,6% do censo), deveu o Consello de ministros extraordinario que decidiu recorrer ao Tribunal Constitucional para que invalide tal Declaración, e de aí a decisión mais que probable do Alto Tribunal de facerlle caso ao Goberno do Estado. 


Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE