O cociñeiro que obtivo a primeira estrela Michelin de Valencia protagonizará a Semana do Arroz do Talaso Sanxenxo

O cociñeiro especializado en arroces Juan Carlos Galbis Olivares, gañador de varios concursos internacionais de cociña e primeira estrela Michelin de Valencia, dirixirá os fogóns do Gran Talaso Hotel Sanxenxo, no marco da terceira edición da Semana Gastronómica do Arroz, que terá lugar do 26 de xuño ao 1 de xullo.

|

O cociñeiro especializado en arroces Juan Carlos Galbis Olivares, gañador de varios concursos internacionais de cociña e primeira estrela Michelin de Valencia, dirixirá os fogóns do Gran Talaso Hotel Sanxenxo, no marco da terceira edición da Semana Gastronómica do Arroz, que terá lugar do 26 de xuño ao 1 de xullo.

Galbis naceu en Alcàntara del Xùquer e leva tempo co seu proxecto persoal 'La Cuina Mediterránea', en L'Alcudia, onde a súa familia se estableceu hai anos e el é da terceira xeración de hostaleiros.

Levou o pavillón de España na Expo de Sevilla, foi a primeira estrela Michelín de Valencia e creou coa súa familia a primeira empresa de Paellas Xigantes do mundo, até chegar a lograr a marca Guinness en 1992, cando serviu 100.000 racións de paella.

O luns 25 terá lugar unha presentación das xornadas na que Galbis preparará a paella valenciana. O chef combinará a técnica dos arroces valencianos con produtos galegos, ademais de preparar a tradicional paella con verduras de temporada traídas directamente de Valencia.

Os comensais poderán elixir, en horario de comida e de cea, entre unha das tres especialidades elaboradas cada día (unha paella, un arroz ao forno ou un arroz meloso). O menú, cun prezo de 30 euros por persona, constará dun aperitivo con entrante, un arroz, unha sobremesa do taller do Gran Talaso Hotel Sanxenxo e café, viño Albariño Valtea e auga mineral.

As persoas interesadas en asistir a estas xornadas gastronómicas deben realizar a reserva previa chamando ao teléfono 986 691 111 ou enviando un correo electrónico á dirección reservas@hotelsanxenxo.com.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE