LINGUA GALEGA

Román Rodríguez defende o uso cotián do galego no acto conmemorativo do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

|

Homenaje a rosalia

24/02/2015 -

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reclamou hoxe o uso da lingua galega en todos os ámbitos durante o acto central do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Unha conmemoración celebrada cunha ofrenda floral diante do busto da poetisa no Paseo da Alameda compostelá. Ademais durante a celebración desta efeméride os alumnos do instituto santiagués que leva o nome da escritora leron os seus poemas e se interpretou o Himno de Galicia. Deste xeito a Consellería apoia esta homenaxe á ilustre autora neste día, declarado oficialmente como Día de Rosalía de Castro.



Durante a súa intervención nesta xornada o titular de Cultura e Educación subliñou que a obra rosaliana supuxo “o nacemento dun novo tempo para a lingua e a literatura de Galicia, xa que serviu para dignificar un idioma que ata daquela raramente excedera as temáticas humorística e costumista. Hoxe -engadiu- somos herdeiros do esforzo de moitas xeracións por poñer o noso idioma no lugar que merece e somos continuadores desa cadea”. Noutro momento do seu discurso Román Rodríguez afirmou que “ o compromiso coa lingua pasa polo seu uso cotiá e para esta tarefa contamos coa poboación mellor formada de toda a historia, xa que nunca antes tanta xente recibira formación de e en galego”. Para rematar, Rodríguez González gabou “a iniciativa dos nosos escritores actuais que animan a toda a sociedade galega a celebrar este día”, para o que o departamento que dirixe “insta á sociedade á promoción da lingua e da cultura galegas xa que todos somos partícipes da súa importancia”


No acto tamén estiveron presentes os alcaldes de Santiago e Padrón, Agustín Hernández e Antonio Fernández, respectivamente, ademais do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress