#Claves de la semana
EN VIGO

Un consorcio galego desenvolve o primeiro prototipo español para xerar enerxía a partir das correntes mariñas

O sistema, cunha potencia instalada de 2 megavatios, probarase definitivamente en 2016 en Escocia


|


Estado del montaje de la Plataforma

Un consorcio de empresas galegas (Sagres, Francisco Cardama e CNV Naval Architects) desenvolve en Vigo o primeiro prototipo español de artefacto flotante deseñado para obter enerxía a partir das correntes mariñas, no marco do denominado Proxecto Magallanes.


Os responsables desta iniciativa presentaron o proxecto este luns no estaleiro vigués Cardama e recalcaron que se trata dun proxecto industrial, que nace coa vocación de ser comercializado e exportado, non como iniciativa de explotación de enerxía maremotriz en Galicia, segundo precisou Joaquín E.Rial, de CNV Naval Architects.

O prototipo do Proxecto Magallanes, que se está a ensamblar en Cardama, é o resultado de máis de 7 anos de investigación, na que participaron corenta investigadores das universidades galegas, centros tecnolóxicos e sinaturas de enxeñaría, indicou Alejandro Marques de Magallanes, socio fundador do proxecto.

Tras a realización de probas con prototipos máis pequenos, tanto na ría de Vigo coma no Centro Europeo de Tecnoloxías Mariñas (EMEC) das illas Orcadas de Escocia, o trimarán está agora en fase de montaxe e está previsto que, a principios de verán, poida facer probas na ría. Así mesmo, será probado no EMEC dende principios de 2016 e durante un período dun ano e medio ou dous.

CARACTERÍSTICAS

O artefacto flotante é un trimarán con turbinas instaladas na parte de abaixo e que ten uns custos de instalación e mantemento moi baixos, a diferencia doutros sistemas de obtención de enerxía nas correntes mariñas.

O prototipo, de 42 metros de eslora, ten un peso dunhas 350 toneladas e as hélices das turbinas (que van mergulladas) miden 19 metros de longo. Ademais do baixo custo de mantemento, trátase dun artefacto de pouco impacto visual (un parque de catamaráns tería o mesmo efecto visual que un de bateas) e deseñado para xerar 2 megavatios.

Así, segundo explicou o conselleiro de Magallanes Renovables, José Manuel Fernández, tendo en conta que con esa potencia instalada se poderían abastecer de enerxía eléctrica 1.500 vivendas, unha cidade como Vigo podería ser autónoma enerxeticamente se contase coa subministración dun parque de 200 trimaráns.

INVERSIÓN

Os responsables do proxecto explicaron que as probas deste prototipo se realizarán de forma paralela á posta en marcha das estratexias de comercialización do produto, que é susceptible de ser empregado en zonas onde as correntes mariñas teñen suficiente entidade para ser explotadas con rendibilidade.

En total, o Un consorcio de empresas galegas (Sagres, Francisco Cardama e CNV Naval Architects) desenvolve en Vigo o primeiro prototipo español de artefacto flotante deseñado para obter enerxía a partir das correntes mariñas, no marco do denominado Proxecto Magallanes.

O responsable do estaleiro Cardama, Mario Cardama, explicou que os trimaráns deseñados poden construirse "en seis ou sete meses", e subliñou que o proxecto é "cen por cento galego", e nace con vocación de "seguir séndoo". A ese respecto, recordou que a construción destes sistemas implica non só a experiencia en montaxe naval, senón que tamén pode ser un recurso de produción para outros sectores como a electrónica, a enxeñaría ou a mecánica.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE