#Claves de la semana
CELEBRACIÓN DA PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA

O BNG reivindica unha república "galega, social e democrática" ante o 14 de abril

'Erguer os soños e as esperanzas' e o manifesto publicado para a celebrar a proclamacion da Segunda República Española


|

O BNG reivindicou a constitución dunha república galega, que sexa "social e democrática" e que "aposte polo  benestar, a xustiza e a igualdade", nun manifesto titulado 'Erguer os soños e as esperanzas'.


Publicado este luns, co motivo da celebración da proclamación da Segunda República Española, a formación nacionalista recorda neste manifesto que "un simple cambio na forma do estado non resolverá os problemas que se padecen", os cales veñen "determinados pola relación de dependencia e subordinación de Galicia con respecto ao estado español".

Esta subordinación maniféstase, segundo subliña o texto, "no impedimento para desenvolver" as potencialidades económicas da comunidade. "Esta situación só se pode resolver dispoñendo da capacidade para decidir en función dos nosos intereses", asevera.

Un dos puntos nos que fai fincapé o documento é na "necesidade de cambio da forma do estado", non só polo "carácter antidemocrático da monarquía", senón tamén por tratarse dun "sistema corrupto e dun aparato ao servizo de cásea dominante".

Finaliza cun chamamento "á esperanza" e a reivindicar o proxecto republicano en Galicia "como expresión das conviccións democráticas e republicanas do nacionalismo". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE