AVE GALICIA

Renfe transportou a máis de 35.000 clientes nunha semana do Corredor Atlántico

O Trén rapido entre A Coruña e Vigo mantivo unha ocupación media do 85%, segundo informou a compañía


|

Renfe transportou un total de 35.514 viaxeiros durante a primeira semana de actividade dos novos servizos ferroviarios rápidos entre Vigo-Urzáiz e A Coruña pertencentes ao Corredor Atlántico, o que supón unha ocupación media do 85%, informou a compañía pública. O total de viaxeiros, incluíndo os servizos de proximidade, foi de 50.769, o que supón un incremento do 17% con respecto á semana equivalente do ano pasado.


Todos os servizos están a circular con normalidade e estase rexistrando unha puntualidade do 93% no intervalo de 10 minutos cunha grande afluencia de viaxeiros en todas as estacións do traxecto. Os novos servizos rápidos paran nas estacións da Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo-Urzáiz, incrementando deste xeito o número de paradas por sentido.

Tamén hai paradas en Padrón-Barbanza, Redondela, Arcade e Cerceda-Meirama. Renfe aconsella anticipar a compra para os servizos con enlace que levan billete integrado. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE