#Claves de la semana
Proxecto Abalar, estenderá o libro dixital ata os 30.000 alumnos en 2017.

A Xunta mobilizará 1.550 millóns de euros nun plan que permitirá a 30.000 alumnos usar libros dixitais

A folla de ruta tecnolóxica establece 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.


|

BANNER_PRINCIPAL02717x289717x288.png

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación da nova Axenda Dixital 2020, co maior investimento en TIC da historia da Comunidade -1.550 millóns de euros-, e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.


Nun primeiro termo, Feijóo subliñou que a nova folla de ruta tecnolóxica é froito dun intenso proceso de diálogo; é dicir, contou para a súa elaboración coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade do sector TIC, coas institucións públicas e coa sociedade civil. E, precisou que os 20 desafíos están articulados en cinco liñas de actuación: a valorización da Administración; a énfase na vida dixital; a aceleración da economía dixital; o estímulo ao crecemento do sector TIC; e a articulación dixital do territorio.Valorización da Administración


Respecto a o primeiro eixo, o responsable autonómico afirmou que formúlanse cinco desafíos para avanzar cara unha Administración verdadeiramente dixital. Así, xa está en marcha o Plan de Administración e Goberno dixitais 2020, que establece as medidas para dar o salto da Administración electrónica á Administración Dixital, é dicir, a que a práctica totalidade dos servizos que prestan as administracións poidan facerse de xeito dixital.


A estratexia contempla tamén a implantación de solucións de Big Data para transformar os datos xerados pola Administración en coñecemento útil, que facilite a toma de decisións e permita adiantarse ás necesidades da sociedade.


Así mesmo, Feijóo lembrou que a Xunta xa se constituíu en nodo de interoperabilidade entre as administracións galegas e o Estado e avanzará nesta liña con novas medidas. E, para incrementar a inmediatez e a capacidade de resposta do Goberno galego impulsaranse os servizos en mobilidade tanto entre administracións, como para empregados públicos e cidadáns.


Con respecto ao eido xudicial, unha vez melloradas as infraestruturas, os medios e o equipamento TIC, Feijóo afirmou que agora avanzarase na consolidación e implantación da sede electrónica e do expedinte xudicial.


Énfase na vida dixital

iStock_000025421040Small.jpg

No segundo eixo, Feijóo precisou que a Axenda busca dar resposta a catro desafíos orientados a consolidar a adaptación dixital do modelo  educativo, favorecer servizos dixitais avanzados nos ámbitos dos servizos sociais e sanidade, e asegurar a inclusión dixital da cidadanía.


No eido educativo, darase continuidade á estratexia para a integración plena das TIC co Proxecto Abalar, estendendo o libro dixital ata os 30.000 alumnos en 2017. E, en benestar e sanidade aplicaranse as TIC para o deseño de servizos intelixentes e integrais adaptados ás necesidades específicas dos diferentes colectivos”, explicou, ao que engadiu que o último desafío deste eixo é acadar a autonomía dixital da sociedade.



Sobre este último punto, avanzou a posta en marcha do Plan de inclusión dixital para pasar da alfabetización á madurez dixital, posibilitando que calquera persoa poida acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.


Economía dixital


Durante a rolda de prensa, Feijóo aseverou que a dixitalización empresarial en sectores estratéxicos de Galicia, como o sector primario, o turístico, o cultural e o do transporte, así como a implantación de solucións dixitais innovadoras no tecido empresarial suman outros cinco desafíos da Axenda.


Nesta liña, salientou que o Plan Smart Turismo 2014-2020 iniciou o camiño para facer de Galicia un destino turístico intelixente, no que se seguirá avanzando para promover a prestación de servizos personalizados aos visitantes ou potenciando o Camiño de Santiago cunha liña específica, SmartCamiño.


Por outra banda, promoverase a conservación do patrimonio cultural de Galicia aplicando as novas tecnoloxías, facilitando así o seu acceso e difusión. “Un dos activos principais é a creación, xa en marcha, do Arquivo Histórico Documental, dentro do Arquivo Dixital de Galicia, que albergará os fondos dixitalizados do patrimonio documental”, dixo, logo de precisar que a Axenda afronta tamén o desafío de aumentar a competitividade do sector primario a través de solucións intelixentes que incrementen a eficiencia nos procesos de produción, optimicen a distribución e reforcen a xestión comercial dos produtos procedentes deste ámbito.


No eido do transporte, o reto das TIC será responder ás necesidades dos viaxeiros, desenvolvendo novos servizos que avancen cara un transporte personalizado. E, respecto ao tecido empresarial, o desafío é dar o paso cara a empresa 4.0.

No tocante a este punto, Feijóo asegurou que esta aposta materializarase a través da Axenda da Competitividade de Galicia, que contempla medidas específicas para impulsar a Industria 4.0 con fábricas intelixentes.


Impulsar o sector TIC é, segundo o titular da Xunta, outro dos eixos desta Axenda, con dous desafíos destacados: avanzar na consolidación do Pacto Dixital, é dicir, na consolidación dun sector tecnolóxico galego que xere redes de valor co resto de axentes, empresas tractoras e sectores económicos para que conxuntamente conformen un ecosistema dixital galego activo; e impulsar a capacitación dos profesionais á continua evolución tecnolóxica.


Articulación dixital do territorio


Finalmente, no quinto eixo, a Axenda asume tres desafíos. Por unha banda, reforzar a seguridade cidadá aplicando as TIC para facilitar a prevención de riscos, catástrofes ou emerxencias.


Sobre este punto cómpre destacar que a nova Rede Dixital de Emerxencias é unha das principais ferramentas que permitirá incrementar a capacidade de resposta ante situacións de risco.


Logo de destacar que o segundo obxectivo será o de universalizar a cobertura de 30 megas en Galicia, Feijóo afirmou tamén que se traballará para acadar unha maior garantía na seguridade dos servizos da Administración, que se concretará no Plan Director de Seguridade da Información do sector público 2015-2017.


“En definitiva, hoxe presentamos a Axenda Dixital de Galicia 2020; algo que será posible porque garantimos os recursos necesarios, cun orzamento medio anual de 258 millóns de euros”, dixo, a modo de resumo e logo de facer fincapé en que esta nova folla de ruta aborda todas as frontes necesarias para que os galegos teñan unha Administración dixital, para que os servizos públicos dispoñan tamén das últimas tecnoloxías; para que a recuperación se apoie tamén nas TIC; para que o sector TIC que dá emprego a máis de 15.000 traballadores siga consolidándose; e para que todos os galegos poidan acceder á rede, vivan onde vivan.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE