​Auga, garantía de futuro para as persoas e o planeta

Viaqua .

Os recursos hídricos son básicos para a nosa vida cotiá e para o progreso da sociedade


ETAP Tambre Santiago 1




O futuro do noso planeta depende do líquido máis prezado para a vida: a auga. É o elemento que distingue á Terra do resto de planetas que coñecemos ata o de agora. O que nos fai únicos. Por iso, o futuro da humanidade depende deste recurso natural insubstituíble.


O Día Mundial da auga, que se celebra o 22 de marzo auspiciado por Nacións Unidas, céntrase este ano en “O valor da auga” e busca coñecer o significado que este elemento ten para cada un de nós e tomar consciencia respecto diso. Unha reflexión máis necesaria que nunca porque en 2050 a poboación mundial alcanzará case os 10.000 millóns de persoas e a demanda mundial de auga aumentará entre un 20 e un 30%.


A dispoñibilidade de recursos hídricos atópase gravemente ameazada polo impacto do cambio climático. España é o país da UE máis vulnerable e o que sofre unha maior tensión hídrica, segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente, polo que mitigar os efectos do quecemento global é urxente. E aínda que tradicionalmente asóciase a escaseza de auga a outras xeografías, en Galicia sufrimos xa de forma cíclica os efectos da tensión hídrica e os períodos prolongados de seca.


Motor de desenvolvemento


A auga é un ben básico para as persoas e os seus fogares. Beber, cociñar, ducharnos, lavar os pratos e regar as plantas son xestos cotiáns aos que agora sumamos un novo ritual: lavarnos as mans a conciencia para protexernos na actual crise sanitaria, que subliñou a importancia do binomio auga-saúde.


Os recursos hídricos fan sostibles todas as actividades que xeran riqueza: a industria e a agricultura, entre outros. E, sobre todo, son un factor crave para as cidades e as súas contornas, onde se estima que vivirá o 75% da poboación mundial en 2050. A auga é moito máis que un servizo. A súa importancia para a sociedade confírelle o papel de catalizador á hora de avanzar cara a unha sociedade máis xusta e con oportunidades para todos.


Agora, para a reconstrución verde, a auga volverá xogar un papel transversal clave, xa que se debe dispoñer das infraestruturas e procesos que garantan a auga, en cantidade e calidade, que requiren estes novos desenvolvementos industriais máis ecolóxicos, tecnolóxicos e dixitais.


Pacto para unha recuperación inclusiva


Viaqua, que ten no seu ADN a xestión responsable da auga e pon ás persoas no centro da súa estratexia, tomou a iniciativa ante os retos derivados da actual crise sanitaria. A empresa propuxo alcanzar un Pacto Social que garanta unha recuperación económica sostible e equitativa, de acordo coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. Trátase de garantir sempre o acceso á auga aos colectivos vulnerables e impulsar unha recuperación ‘verde’ que chegue a toda a sociedade, sen deixar a ninguén atrás. Unha reactivación baseada na colaboración público-privada e no emprego de calidade, aproveitando os fondos europeos Next Generation para realizar investimentos estratéxicos, nas que a auga e o seu futuro teñan un papel protagonista.



Á vangarda na detección do virus


Nesta loita contra a crise sanitaria, Viaqua colaborou coa Xunta de Galicia, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela en diferentes proxectos de I+D+i. O obxectivo destes proxectos é o seguimento da incidencia da COVID19, en concellos como Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela, a través da súa detección en augas residuais urbanas.


SUEZ España, grupo ao que pertence Viaqua, foi un paso máis aló, desenvolvendo en tempo récord a solución integral COVID-19 City Sentinel: un sistema integral de alerta epidemiolóxica para a detección temperá do virus nas augas residuais.

SUEZ España, grupo ao que pertence Viaqua, foi un paso máis aló, desenvolvendo en tempo récord a solución integral COVID-19 City Sentinel: un sistema integral de alerta epidemiolóxica para a detección temperá do virus nas augas residuais. Esta innovadora solución, que inclúe a detección da nova cepa británica, está implantada xa no Concello de Betanzos e en máis dun centenar de municipios do territorio nacional, o que permite facer o seguimento a máis de 13 millóns de habitantes.



O futuro da xestión da auga


Os grandes retos aos que se enfronta a sociedade actual, como a loita contra a emerxencia climática ou a actual crise sanitaria, son máis fáciles de superar co apoio da tecnoloxía e as ferramentas dixitais. A captación e análise de datos (data mining, big data), a xestión baseada nos datos (datadriven), as medicións intelixentes (smart metering) ou a aplicación de algoritmos e modelos de intelixencia artificial (AI), son instrumentos que impulsa Viaqua na súa aposta pola innovación e a dixitalización, permitindo transformar por completo a xestión urbana do ciclo da auga, sendo máis eficiente e respectuosa co medio ambiente. Entre outras accións, a empresa leva a cabo, de forma continua, medidas dirixidas a reducir as perdas de auga por fugas na rede de abastecemento, utilizando para iso os equipos de procura de fugas máis avanzados; así como accións para reducir a pegada de carbono, mediante o uso de aplicacións que optimizan os procesos propios da súa xestión.


Segundo Nacións Unidas, a auga ten impacto para toda a sociedade: como fonte natural primordial, a través das infraestruturas hidráulicas e do papel que supón no desenvolvemento dos servizos esenciais −como a saúde−, a actividade económica, así como a súa achega sociocultural. En definitiva, a auga é un ben esencial para todos, e para todo, que debemos coidar no presente e protexer para o futuro.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE