#Claves de la semana
EXPOSICION ETNOGRAFICA NO CEIP PLURILINGÜE DO CARBALLIÑO (OURENSE)

Memoria dos obxectos da Galiza (1936-1976)

Un pilar fundamental para o estudo do desenvolvemento social e cultural das persoas pertencentes a un pobo determinado é a valoración individual de cada un dos elementos que influiron nela, desde a súa formación integral.


|

cOLMADO.jpgNa viaxe que fixen ao País de Gales hai varios anos, visitei en Cardiff un museo no que no deambular por diferentes cuartos, transportábaste a diferentes épocas..., todo ambientado con obxectos e aparellos de cada periodo histórico. Este ano, un compañeiro da escola tivo a mesma idea adaptada ao noso medio social e cultural. Fiquei impresionado do seu traballo e redactei un proxecto titulado “Memoria dos obxectos da Galiza (1936-1976)”, dándolle forma a un traballo e a un equipo formado por outros compañeiros e compañeiras que viven a función docente con intensidade e dedicación


Un pilar fundamental para o estudo do desenvolvemento social e cultural das persoas pertencentes a un pobo determinado é a valoración individual de cada un dos elementos que influiron nela, desde a súa formación integral. Deste modo, “Memorias dos obxectos” quere partir da realidade local, extendéndose a da nosa Autonomía Galega, sen esquecer as iniciativas promovidas ao longo de todo o Estado. 


O tema principal desta exposición é recuperar a memoria de todos aqueles que viviron unha realidade social anterior á nosa, construindo pontes coas novas xerazóns. Estas persoas non tiñan outra aspiración que conservar un entorno vital excelente para as futuras xerazóns. E con este discurso expositivo, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIP Plurilíngüe do Carballiño, sito na Uceira, xa teñen o apoio de tres concellos: os de O Carballiño, Beariz e Maside, ademáis de seis centros educativos de diversas comarcas: os institutos nº 1 e Chamoso Lamas, o Colexio “Vila do Arenteiro”, os CEIP de Maside e Bearíz e o Colexio “Sagrado Corazón” de O Carballiño. Por outra parte, a Consellería de Educación tivo a sensibilidade de apoiar o proxecto e o conselleiro, Jesús Vázquez, revisouno persoalmente dando o seu visto bó. Sei que non fixeron nada de máis, pero tampouco sería xusto que todo ficara no esquecemento, sabendo que neste caso os alumnos de Primaria e Secundaria poderán experimentar o trasladarse no tempo das antigas barberías, sastrerías, quioscos e até 13 stands representativos doutras xerazóns grazas a dito apoio. Por todo elo, os meus parabéns ao conselleiro e ao seu equipo de gabinete.


O pasado mes de xaneiro foi o estreno. Logo, todos os centros participantes no proxecto visitaron a exposición. Pero a maior meta será chegar aos alumnos, e que eles poidan interactuar en cada un dos stands programados. Estou seguro que esa viaxe no tempo axudaralles a valorar doutro xeito aos máis maiores, entendendo as limitacións tecnolóxicas que viviron pero a riqueza das relacións humanas que disfrutaron.


Tamén quero compartir con todos os amables lectores de GaliciaPress, o discurso inaugural que pronunciei con motivo deste evento, que poderán visitar todos os días de luns a venres polas mañás, e polas tardes os mércores de 15:15 a 18:15 h e xoves de 15:15 a 17:15 h 


DISCURSO INAUGURAL  de marzo 2015 (Resumen)


Boa tarde a todos os que quixestes viaxar con nós cara un tempo pasado, que tal vez, sexa esquecido para os máis novos. Un tempo no que as cousas non eran como son agora, pero non por iso eran mellores ou peores. Eran diferentes, distintas e con certeza, idealmente ordenadas, como veremos.


Non vou caer no erro de tentar explicar unha exposición que se explica por si mesma. Se entramos en materia, no deambular polos diferentes oficios, coleccións e outras actividades, observaremos manifestacións relixiosas en cada recuncho, polo que non podemos esquecer o sincretismo no que convivían o Estado e a Igrexa Oficial. Este feito vai condicionar o avance dunha gran nación como España, o que obrigará aos galegos á sufrir a inxusta emigración, que agora seguimos a padecer, despois de sufrir o exilio dunha guerra “incivil” que diria Castelao, e que trouxo a loita e división das dúas Españas irmas. 


Todas as nacións teñen sufrido o seu, e lembran a súa historia, conscientes do perigo de volver a cometer os mesmos erros ca no pasado. Poren, España parece ser unha vez máis, diferente ao resto dos países. A loita por “ tirar para adiante sen mirar atrás”, puidera parecer unha postura conciliadora, mais resulta unha tristeza ecléptica, ao non deixar lugar a que a propia historia xulgue, e cadaquén pense por si mesmo, en liberdade. Outra vez máis aparece a orde ideolóxica, e a historia non a podemos mudar. E como é, e foi como foi.

Hoxe é un día, no que rescatamos moitas lembranzas, e delas aprendemos, que o progreso ten un custe en valores, que globalmente botamos en falta. 


A revolución tecnolóxica, so se pode apreciar con precisión, se se vive no seu proceso de desenvolvemento, ou se se observa..., como mostramos neste modesto museo. Só fica unha incógnita que nos deixará pensativos algún tempo. Como é posible que se conserven tantas cousas do pasado?.


A actual moda Vintage, motivada posiblemente pola crise do modelo económico capitalista, rescatou infinidade de obxectos obsoletos, que todos tiñamos esquecidos nos trasteiros. Quizais por iso, retornamos aos pobos, ás xentes que aínda conservan o léxico incólume da nosa lingua galega. Os valores humanos, que cunha aperta de maus, pechábase un acordo. Nesa Terra sí quero vivir, e que vivan as novas xerazóns. É seguro que terían menos comodidades ca todos nós, pero ía gozar moito máis da liberdade de elexir, ao non renunciar ás nosas raíces. 


Por iso, para que a lembranza dos Obxectos da Galiza, siga sempre viva e transmita mensaxes ao modo que as antigas radios de lámpadas ou válvulas sintonizaban e transmitían as noticias de países moi lonxanos, esta iniciativa ha de ser riqueza e aprendizaxe de todos os alumnos e alumnas que teñan curiosidade por descubrir unhas vidas sementadas para os demáis. 


Non podemos permitir que niguén nos roube o noso patrimonio, material, aínda que daquela non lles ensinaran a poñelo en valor. A cultura constrúese con obras que son froito da expresión das nosas máus, da nosas mentes e dos nosos corazóns. Daquela, cando a fame rillaba as vidas dos nosos, non había tempo para pensar en crear e expresarse, sen embargo nunca aflorou tanto a creatividade e o inxenio das xentes.


Hoxe, que case temos todo feito, os nosos alumnos ou os nosos fillos, non teñen tempo para crear, nen para coleccionar, ou para invertir o seu tempo de lecer en xogar a xogos tradicionais, que non tiñan outro coste que construilos. Iso pode cambiar. Temos aqui esta ventá dos ancestros, cargados de verdadeira sabiduría popular, que ninguén no seu sano xuizo debera desprezar.


E para facer posible todo isto, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIP Plurilíngüe do Carballiño, sito na Uceira, comisariado por Moncho Pérez Álvarez, tiveron o apoio de tres concellos: o de O Carballiño, Beariz e Maside, ademáis de seis centros educativos de diversas Comarcas: os institutos nº 1 e Chamoso Lamas, o Colexio “Vila do Arenteiro”, os CEIP de Maside e Bearíz e o Colexio “Sagrado Corazón” de O Carballiño. 


Por outra parte, a Consellería de Cultura e Educación tivo a sensibilidade de apoiar e financiar parte do proxecto. Asimesmo 16 comerciantes de O Carballiño, referenciados no tríptico, formaron parte do patrocinio desta exposición. 


Entre as colaboracións que destacan pola cantidade e calidade de obxectos aportados está Ernesto Ledo, peza clave de éxito, e todo o profesorado. Para todos, e disculpando omisións involuntarias, vaia un sinceiro recoñecemento e agradecemento.



SAÚDE E TERRA 

Última hora

2 Comentarios

1

este artigo vai sobre un profesor da uceira que fai unha exposicion moi bonita

escrito por manuel 12/jun/15    10:29
2

Este excelente texto sobre el pasado aporta celos de galicia a todo españa.

escrito por daniel 12/jun/15    10:29

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE