#Claves de la semana
BILBAO

Galicia, Euskadi e Cataluña reúnense en Bilbao para defender os intereses do multilingüismo

A xuntanza enmárcase no Protocolo de colaboración en materia de política lingüística asinado polos tres gobernos


|

A Xunta de Galicia reuniuse en Bilbao cos responsables da política lingüística do Goberno Vasco e da Generalitat de Cataluña. A xuntanza enmárcase no Protocolo de colaboración en materia de política lingüística asinado polos tres gobernos a prol da coordinación de esforzos na defensa dos intereses do multilingüismo no Estado e mais en Europa, así como do intercambio de experiencias relativas ás diversas áreas de traballo dos procesos de revitalización do galego, éuscaro e catalán.


Na xuntanza, na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco-Eusko Jaurlaritza, Patxi Baztarrika, e a directora xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, Ester Franquesa, abordáronse varios temas de interese para as políticas de promoción das linguas oficiais.


De entre eles, cómpre destacar o envío dunha proposta formal ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a edición cuatrilingüe de libros referenciais das literaturas galega, vasca e catalá; a petición ao Ministerio de Xustiza de que probas dirixidas á obtención do título profesional de avogado se poidan facer tamén en galego, éuscaro e catalán; o IV informe periódico sobre a aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias; a recentemente celebrada asemblea xeral da NPLD ou a nova aplicación dixital que incorpora os lugares de aprendizaxe do galego, éuscaro e catalán no mundo.


Ao cabo da reunión, García, Baztarrika e Franquesa compareceron ante os medios de comunicación para informar sobre os novos pasos a dar na defensa dos intereses do multilingüismo. Segundo sinalou García Gómez durante a súa intervención “o multilingüismo é a riqueza e o marco no que o Estado ten necesariamente que situar e defender a promoción do uso e a revitalización das nosas linguas propias”.


Petición ao Ministerio de edicións cuatrilingües


A orde do día incluíu a aprobación dunha carta ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na que os tres gobernos propoñen que o Ministerio execute e planifique a edición cuatrilingüe (en galego, éuscaro, catalán e castelán) dunha selección de libros referenciais das literaturas galega, vasca e catalá, previa realización das traducións correspondentes. A idea base é promover o coñecemento da obra dos máis relevantes autores da literatura en lingua galega, vasca e catalá no conxunto do Estado español, visibilizando asemade as vantaxes da diversidade lingüística.


Avaliación para o exercicio da avogacía


Na reunión tamén se acordou propoñerlle ao Ministerio de Xustiza a posibilidade de realizar as convocatorias anuais de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da avogacía (probas dirixidas á obtención do título profesional de avogado que faculta para o exercicio desta profesión en todo o territorio español) en calquera das linguas oficiais nalgún territorio do Estado.


Aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias


Os tres gobernos autonómicos están actualmente agardando coñecer os datos tirados da análise da situación do IV informe periódico sobre a aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, realizado por expertos do Consello de Europa, que lles será remitido polo Goberno do Estado unha vez que este realice as súas observacións.


O devandito informe ofrecerá valiosos elementos de análise para avaliar o grao de cumprimento da Carta no tocante a Galicia, a Euskadi e a Cataluña, pero tamén ás institucións estatais. Neste ámbito existe unha ampla marxe de mellora na colaboración entre todas as administracións afectadas (Goberno de España e gobernos das comunidades autónomas).


Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD)


O traballo a desenvolver nesta rede europea relaciónase directamente cun dos obxectivos marcadoso no Protocolo de colaboración: o traballo conxunto pola promoción da diversidade lingüística en Europa. A colaboración entre os tres gobernos suporá un importante factor de iniciativa e dinamismo para a NPLD e, en consecuencia, para o imprescindible labor de fomento do multilingüismo en Europa.


Hai unha semana, o viceconselleiro vasco Patxi Baztarrika foi nomeado por unanimidade na asemblea xeral da NPLD como presidente desta entidade no marco da que Galicia, Euskadi e Cataluña levan a cabo diferentes accións conxuntas que redundan na promoción do uso das linguas galega, vasca e catalá.


Mapa cos lugares de aprendizaxe do galego, éuscaro e catalán


No marco do Protocolo de colaboración existente entre os departamentos de política lingüística dos gobernos de Galicia, Euskadi e Cataluña elaborouse esta aplicación na que os usuarios que o desexaren poderán procurar aqueles centros de aprendizaxe do éuscaro, do galego e do catalán que existen no Estado español fóra dos territorios nos que estas linguas son propias. Trátase dunha ferramenta sinxela, con xeolocaliación, na que se indican lugares, centros e datos de contacto, que se pode consultar nos webs institucionais www.lingua.gal, www.euskadi.eus/ikasguneak e llengua.gencat.cat.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE