#Claves de la semana
ENTREGA O DOMINGO EN TRASALBA (OURENSE)

O Premio Trasalba 2015 recoñece a "calidade e personalidade" da obra de Antón Pulido

Antón Pulido recibe o Premio Trasalba 2015 da Fundación Otero Pedrayo


|

A Fundación Otero Pedrayo entregou este domingo o Premio Trasalba 2015 a Antón Pulido (Bóveda, Amoeiro, 1944) en recoñecemento á "calidade e personalidade" da súa obra como pintor e gravador, así como o seu vínculo coa figura de Ramón Otero Pedrayo, ambos os dous veciños de Amoeiro.


Autoridades e intelectuais galegos participaron este domingo na entrega do Premio Trasalba 2015 a Antón Pulido, nun acto celebrado na Casa Grande de Cimadevila. Un galardón de carácter honorífico, non retribuido economicamente, que está representado por unha figura en bronce de Ramón Otero Pedrayo, obra do escultor ouresan Buciños.



LIBRO HOMENAXE

O acto de entrega do galardón, celebrado na Casa Museo da Fundación, comezou coa presentación do libro

'Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888 -1976)', tras a cal tivo lugar a 'laudatio'  do editor Bieito Ledo a Antó 
n Pulido.


Á hora de conceder este recoñecemento, ademais da súa traxectoria artística, a Fundación tivo en conta o vínculo de Ppulido coa figura do escritor e intelectual. De feito, Pedrayo foi quen apadrinó a segunda exposición do artista no Museo Arqueolóxico de Ourense en 1992, onde xa expuxera o ano anterior, da man de Xesús Ferro Couselo.


"Otero Pedrayo foi quen introduciu no mundo da arte a aquel novo pintor que, con 28 anos, presentaba os seus primeiros cadros en Ourense", recordou a entidade para destacar que, é agora, na "plenitude da súa madureza" e cun "currículo xa ben recoñecido" cando o artista de Amoeiro recibe o máximo recoñecemento da Fundación Outero Pedrayo.


O premio Trasalba, que outorga a Fundación Otero Pedrayo, instituíuse no ano 1983 e celébrase no último domingo do mes xuño. Aínda que nun primeiro momento a galardoada había de ser unha persoa cunha clara vinculación, directa ou indirecta, coa figura e os ideais de Ramón Otero Pedrayo, a concesión hoxe en día céntrase máis no recoñecemento a referentes actuais da cultura galega. Agás o caso do premio póstumo a Agustín Sixto Seco, fundador e primeiro presidente da Fundación, sempre se concede a unha persoa en vida.


Pulido agradeceu a recepción do premio Trasalba 2015, no marco da romaxe literaria, e trátase dunha distinción que obtivo polo seu "servizo á cultura do país".


A este respecto, Antón Pulido, entre as súas primeiras palabras, agradeceu a entrega deste premio, en primeiro lugar, ao escritor Otero Pedrayo, no recordo, e tamén ás autoridades institucionais, locais e galegas, e á fundación, así como á súa familia, que o acompañou neste acto.


Segundo subliñou na súa intervención, lévase este premio "coma se fose unha herdanza, un tesouro, unha xoia," unha distinción que representa "un sono" nun lugar que considerou "máxico", comoTrasalba.

O pintor galego centrou a súa intervención nas súas vivencias iniciais experimentadas con Pedrayo, do que resaltou a súa "enerxía positiva", así como os seus traxectos en bicicleta e os seus paseos, durante a súa etapa inicial.

Na entrega do XXXIII Premio Trasalba, ademais de diversas personalidades da cultura galega, estivo presente o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quen subliñou a traxectoria do pintor "ao servizo da cultura do país" e recordou o seu labor como director xeral de Cultura da Xunta e como primeiro director do Centro Galego da Arte Contemporánea (CGAC).


Concepción, Armando González, Carmen Leyte, Antón Pulido, María do Ceo y Javier Casares  


Ao finalizar o acto literario, durante o cal se presentou a publicación "Antón Pulido. Cantiga de fonte limpa", os asistentes gozaron dunha comida de confraternidade no Souto de Trasalba, na Casa Grande de Cimadevila onde mais de medio milleiro de persoas procedentes de distintos puntos de Galicia, puderon brindar po lo premiado e a cultura con viños da Adega do Eladio, colleiteiro que poduce os seus caldos co a agricultura biodinámica, na sua Adega Arco da Vella en Beade, (Ourense).


No que se refire ao libro, Pulido relatou que recolle vivencias da súa infancia, xunto a unha pequena selección da súa pintura e fotografías con anécdotas da súa vida.

Antón Pulido botou o pano ao acto cunha frase que cita expresamente á súa Bóveda, de Amoeiro, lugar de Otero Pedrayo, e onde "os de Amoeiro somos moi de don Ramón".  


TRAXECTORIA 


Licenciado en Pintura e Gravado pola Facultade de Belas Artes de San Jordi (Barcelona), Pulido chegou coa súa obra a museos e galerías de países de todo o mundo como Corea del Sur, China ou Italia, entre outros. Precisamente, a súa carreira valeulle o recoñecemento como 'Fillo predilecto de Amoeiro' ou 'Vigués distinguido'.


Ademais, a Xunta destacou que, na actualidade, colabora na difusión da obra do artista a través da exposición 'Antón Pulido. Antolóxica', que pasou polas cidades de Vigo e Ourense. 



Última hora

2 Comentarios

1

Un fiel relato do acontecido onte en Amoeiro; onde disfrutamos dun acto moi entrañable.

escrito por xabier casares 29/jun/15    18:37
2

Un fiel relato do acontecido onte en Amoeiro; onde disfrutamos dun acto moi entrañable.

escrito por xabier casares 29/jun/15    18:37

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE