SANTIAGO DE COMPOSTELA

Centos de bombeiros forestais 'cercan' a Xunta para defender o Servizo público de loita contra o lume

|

Os bombeiros forestais diante da Consellería de Medio Rural, en Santiago

 

Moito ruído e bastante fume das bengalas acompañaron aos centos de brigadistas que percorreron varias rúas compostelás ata a sede da Consellería de Medio Rural, en San Caetano. As súas caras mostraban indignación e as súas voces berraban en contra do "desmantelamento paulatino do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) por parte da Xunta de Galiza". ''O lume non se apaga con palabras na Quintana' ou 'Quen apaga o lume? Somos nós e non a UME' foron as consignas máis coreadas polos homes e mulleres que desfilaron pertrechados cos seus equipamentos de loita contra o lume, e que reclamaron estabilidade e dignidade no traballo.


A protesta, promovida pola CIG, CCOO, UGT e CSIF, empezou ás 10.30 horas diante da secretaría xeral do Medio Rural e Montes, en San Lázaro, e pouco antes das doce, os manifestantes estaban diante da Consellería do Medio Rural en San Caetano, onde pediron a dimisión do responsable de Montes, Tomás Fernández-Couto.


Os sindicatos quéixanse da "disgregación progresiva dunha parte do dispositivo e de privatización doutra", que "está a comprometer o traballo dos profesionais na defensa do medio natural en Galiza ao non recoñecer a nosa labor profesional como bombeiros/as forestais e precarizar as condicións nas que traballamos e negarnos a estabilidade laboral e salarial".


Esixen que se manteña o servizo de loita (SPDCIF) como servizo único de prevención e extinción de incendios, un servizo público, único e profesionalizado, cunha convocatoria dunha oferta pública de emprego que posibilite a cobertura de todas as vacantes.


Outra das demandas pasa polo recoñecemento da categoría de bombeiro ou bombeira forestal, estabilidade laboral e profesional, abordando a modificación do Decreto de listas para atender ás peculiaridades do servizo.


Os sindicatos reclaman, por outra parte, que se solucione a problemática dos traballadores e traballadoras descontinuos de nove meses garantindo que se acaden os 12 meses nas contratacións e ampliar a contratación dos de tres meses., para o que piden unha mesa negociadora.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress