BOIMORTO (A CORUÑA)

O BNG chegará ás últimas consecuencias se Feijóo non impide a moción de censura en Boimorto (A Coruña)

Acusan o PP de Boimorto de "fraude electoral", po lo que presentarán un recurso ante la Xunta electoral si se fai efetiva


|

O BNG esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que interveña na moción de censura contra o alcalde de Boimorto, Xosé Luís Rivas Cruz, e advertiu de que en caso contrario chegarase “ás últimas consecuencias” coa presentación de recurso ante a Xunta electoral. En rolda de prensa, o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Xavier Vence, reiterou a idea de presentar recurso contra a moción de censura, ao considerala “ilegal” por incumprir o pacto antitransfuguismo e vulnerar a “vontade dos veciños”.


Os comicios locais deron dous concelleiros ao Bloque, catro ao PSdeG e cinco ao PP, o que permitiu un pacto para que gobernase o rexedor de Boimorto co apoio socialista. A moción de censura, que foi auspiciada polo PP de Boimorto co apoio do edil do Grupo Mixto José Balado Casal, votarase o próximo 14 de agosto.


En rolda de prensa, tanto a secretaria de Política Municipal do BNG, Goretti Sanmartín, como Xosé Manuel Rivas, consideraron que foron os mandatarios do PP quen “promoveron e executaron” unha “fraude electoral”.


Vence reclamou ao presidente da Xunta e líder do PP que leve a cabo “un acto de mínima dignidade”, a través da retirada da moción. “Feijóo non pode falar de rexeneración democrática se permite isto. O PP quere conquistar o poder, cando os veciños decidiron ter unha alcaldía, baseada no apoio do BNG e o PSOE”.


Pola súa banda, Xosé Manuel Rivas acusou ao PP de Boimorto de “non xogar democraticamente” a través dunha “manobra premeditada” que “está a xogar cos votos dos veciños”.


“ASESORAMENTO MINUCIOSO”


Sobre o edil elixido no PSdeG que apoia a moción de censura na localidade, Vence denunciou o “asesoramento minucioso por parte do PP para dar un paso para a constitución dos grupos municipais”.


Así, acusou ao PP de Boimorto de “comprar a vontade daqueles que queren cambiar de bando”, e fixo mención dunha canción mordaz dos anos 70 que denunciaba o sometemento da cidadanía aos alcaldes franquistas.


Pola súa banda, Rivas indicou que o grupo nacionalista foi consciente de “que algo se estaba cocendo” cando el mesmo decidiu “saírse do grupo socialista para formar parte do mixto”.


Ademais, apuntou a “sorpresiva viraxe” de José Balado, xa que en palabras do alcalde, o edil “sempre lle mostrou admiración, persoal e publicamente”.


Por iso, reiterou a acusación por parte da formación nacionalista ao PP de Boimorto de “transfuguismo”, a pesar de “manter boas relacións nos últimos 12 anos” cos populares, e seguidamente fixo mención “dos viños” que tomaban despois dos plenos como unha “comunidade”.


O líder nacionalista expresou en nome da formación e doutros alcaldes nacionalistas de Galicia o seu apoio ao alcalde de Boimorto para que siga gobernando nun municipio, onde o PP “perdeu” a súa posibilidade de gobernar ante as urnas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE