#Claves de la semana
A CANIZA (PONTEVEDRA)

Un post en Facebook da número dous do PP na Cañiza critica a suba de soldo do presidente Rajoy


|

A publicación dun enlace a unha noticia crítica coa suba de soldo do presidente do Goberno a través da páxina ‘Rajoy Dimisión’ acompañada do comentario “E eu cobrando uns míseros 700 euros… para que despois me critiquen” no perfil de Facebook da tenente de alcalde da Cañiza polo PP, Ana Cerviño, desatou a polémica neste pequeno municipio pontevedrés.


E é que se os seus rivais políticos puxeron o foco no seu post, vinculándoo co seu pasado como líder local do BNG, ela nega telo escrito ao fío da pasada media noite. É máis, en declaracións, asegura que “alguén entrou” na súa conta para publicalo: “foi xente doutro partido, seguro”. “É que ao veciño do quinto non lle importa o que eu poña no Facebook”, reflexiona.


É por iso que, tras resaltar que lle “parece moi ben” que o presidente decida aumentar os seus ingresos, toma a decisión de pechar a súa conta e de trasladar o acontecido ao alcalde. “E tomarei accións legais”, anuncia, dende o convencemento de que manipular as súas redes sociais é “unha vileza total e absoluta”.


Actos “tristísimos” como este, para ela, só encaixan nalgún dos seus opoñentes políticos, aos que advirte de que “isto non é xeito de facer oposición”. “Só buscan tirar lixo cun ataque persoal a alguén que leva este pobo no corazón”, incide, e se centra no PSOE para recomendarlle que “se dedique a ver” o que ela fai “polo pobo” e que “sempre” está “a disposición dos veciños”.


Máis alá desta suposta suplantación da súa identidade en Facebook, que atribúe a que o seu contrasinal é “de bobos”, Ana Cerviño deixa claro que non comparte o contido da publicación. “Calquera persoa cun cargo público debe cobrar suficiente”, reivindica.


Pola súa banda, ela percibe 700 euros netos pola súa dedicación parcial ao concello, que compaxina co seu traballo como funcionaria.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE