#Claves de la semana
PARLAMENTO DE GALICIA

O PPdeG rexeita a petición para que Feijóo compareza no Parlamento

A oposición solicitou que o presidente da Xunta dese explicacións sobre as políticas contra incendios forestais e os problemas do sector lácteo


|

O PPdeG rexeitou este luns dúas iniciativas da oposición pedindo a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante o Parlamento de Galicia para dar explicacións sobre as políticas contra incendios forestais e para paliar os problemas do sector lácteo.


Os deputados do PPdeG rexeitaron ambas as propostas nunha reunión da deputación permanente do Parlamento de Galicia na que representantes do PSdeG, AGE, BNG e o grupo Mixto recriminaron a Feijóo a súa ausencia ante os graves incendios forestais rexistrados o pasado fin de semana.

O deputado o PPdeG José Manuel Balseiro insinuou que os seus compañeiros da oposición "non se decataron" das medidas do Goberno galego, talvez porque estaban "de vacacións", e opinou que "non ten ningún sentido" que Núñez Feijóo compareza para dar conta da situación.

"A sociedade pide un cambio de mentalidade", dixo Balseiro, quen opinou que a sociedade galega queren "máis debate construtivo e menos crítica partidista", e advertiu de que o seu partido non é favorable a unha reunión para facer un uso político dos incendios". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE