#Claves de la semana
DUAS GALICIAS UNHA EUROPA

Galicia alíase á antiga Galitzia polaca e analiza a potencialidade da colaboración entre ambas as dúas rexións

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, no XXV Foro Económico e das Rexións, o máis importante evento deste tipo de Europa Central e Oriental


|


Cracovia, 8 de setembro de 2015.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, mantivo onte un encontro con Marek Sowa, membro do Comité das Rexións da UE e presidente do voivodato de Malopolska, rexión polaca que conta como capital coa cidade de Cracovia. O encontro, no que tamén participou o Embaixador de España en Varsovia, Agustín Núñez, celebrouse como consecuencia da vontade das autoridades desta rexión de Polonia por establecer un marco de cooperación estable con Galicia.


Así, negociouse a sinatura en Santiago de Compostela e en datas próximas dun Memorando de Cooperación que incidirá principalmente no eido do turismo relixioso e cultural, co lema “dúas Galicias, unha Europa”, pero tamén na cooperación interrexional entre Galicia e Malopolska en materia de investigación, educación, desenvolvemento rexional, innovación e comercio.


Jesús Gamallo e Marek Sowa coinciden en salientar que este novo marco de cooperación estable está fundamentado na existencia de fenómenos socioeconómicos parellos nas dúas rexións, como a presenza de rutas de peregrinación relixiosa ou o peso relativo do turismo cultural en ambas, dado que tanto Galicia como Malopolska contan con varios sitios históricos rexistrados na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.


O director aproveitou a súa estancia na rexión polaca para participar no XXV Foro Económico e das Rexións de Krynica-Zdrój, unha cidade preto de Cracovia. Este Foro, que celebra este ano o seu 25 aniversario, é o máis importante da antiga Europa Oriental. Nesta edición, o Foro foi inaugurado polo Presidente da República de Polonia, Andrzej Duda.


Na súa intervención no Foro Jesús Gamallo disertou sobre a forma que as rexións poden exercer o chamado “poder brando” ou “soft power”, sobre todo no contexto da Unión Europea e con especial referencia á exitosa cooperación transfronteiriza que manteñen Galicia e a Rexión Norte de Portugal. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE