#Claves de la semana
INICIATIVA NA CÁMARA BAIXA

O BNG pide a Interior que poña fin ao "trato discriminatorio" do galego por parte da Garda Civil


|

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila,


A Mesa pola Normalización Lingüística desvelou que a Garda Civil de Gondomar (Pontevedra) se negou a atender a un veciño por utilizar o galego na tramitación dunha denuncia.


As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, esixiron ao Ministerio de Interior que adopte medidas para pór fin ao "trato discriminatorio" da lingua galega por parte da Garda Civil.

Así o demandaron nunha iniciativa rexistrada na Cámara Baixa despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística denunciase que a Garda Civil de Gondomar (Pontevedra) negouse a atender a un veciño por utilizar o galego na tramitación dunha denuncia.

Deste xeito, no texto, as parlamentarias explican o sucedido a este veciño que decidiu chamar á Garda Civil para consultar cos axentes a conveniencia de tramitar unha denuncia por ameazas doutro veciño con antecedentes penais.

"No seu lexítimo dereito, realizou a consulta telefónica en lingua galega. Pero, en lugar de ser escoitado, foi sorprendido por un axente que lle ordenou falar en español", denuncian.

Ante iso, o afectado decidiu personarse no cuartel pero, segundo o BNG, "lonxe de atopar un cambio de actitude, tanto o comandante como o axente que anteriormente lle ativo por teléfono, esixíronlle falar en español". "Mesmo lle indicaron que se desexaba que a súa denuncia fose atendida en galego, debíase dirixir á Policía Local", sinala a formación nacionalista.

Para o Bloque, todos estes feitos constitúen unha suma de "despropósitos" tanto pola "discriminación da que foi obxecto o denunciante como pola vulneración duns dereitos lingüísticos recoñecidos por distintas normativas."

Por todo iso, as deputadas do BNG pediron ao Ministerio que "sancione ou pida responsabilidades aos axentes". Ademais, tamén instan o departamento que dirixe Jorge Fernández Díaz a informar "adecuadamente" ás forzas e corpos de seguridade do Estado dos dereitos lingüísticos dos cidadáns que viven en territorios con lingua propia. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE