#Claves de la semana
REHABILITACION DO PAZO DA RAG

A Fomento e Academia Galega asinan un protocolo para rehabilitar a sede da institución

A ministra de Fomento, Ana Pastor e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero , asinaron un protocolo xeral de colaboración entre as dúas institucións para a rehabilitación da sede da Academia, da Coruña



|

A ministra de Fomento, Ana Pastor e o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, durante a sinatura do protocolo 


O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron esta mañá un protocolo xeral de colaboración entre as dúas institucións para a rehabilitación da sede da Academia, un Pazo do século XVIII, no número 11 da rúa Tabernas da Coruña, onde tivo lugar o acto.

No protocolo, ambas as partes expresan a vontade de desenvolver as actuacións necesarias para a elaboración do proxecto técnico e posterior realización das obras. O Ministerio de Fomento, a través da Secretaría de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, manifesta a súa intención de intervir no financiamento e na execución das devanditas obras, así como tamén no financiamento dos honorarios por redacción do proxecto e da dirección facultativa das obras.


O presidente Alonso Montero agradeceu á ministra o compromiso adquirido coa rehabilitación do edificio, que acubilla, salientou, "un gran tesouro", "a mellor biblioteca galega do mundo", con máis de 60.000 volumes. "Aquí non só se conservan escritos en galego, senón tamén textos sobre Galicia en calquera idioma e de autores nados en Galicia", explicou.

A sede da Real Academia Galega acolle tamén a Hemeroteca e o Arquivo da RAG, unha sala de consulta, a secretaría e o salón de actos da Academia, ademais da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.


A ministra Ana Pastor coincidiu co presidente na necesidade de acometer unha serie de obras que garantan a conservación do edificio, un pazo do século XVIII, e dos bens que custodia. Felicitou ademais á Academia polo seu labor de estudo, promoción e defensa da lingua galega, "un patrimonio de todos", que a sociedade debe preservar. "Hoxe, esta lingua propia de Galicia e unha das expresións máis xenuínas da nosa terra e da nosa xente", concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE