#Claves de la semana

A Xunta de Galicia e o Concello de Ourense invertirán mais de un millón de euros en restaurar a ponte Romana



|

A Conselleira de Medio Ambiente Ethel Vazquez, o alcalde de Ourense Jesús Vázquez e O concelleiro de Cultura e Educación Román Rodriguez, despois da firma (foto Antón Alonso)


Un total de 1.730.000 euros distribuidos en duas fases, A Xunta de Galicia aportará a través das consellerías de Medio Ambiente, Infraestruturas y Territorio e Cultura para la "posta en valor" da Ponte Vella da capital ourensana.


Os conselleiros Ethel Vázquez (CMATI) e Román Rodríguez (Cultura) suscribiron este lunes a tales efectos o convenio co acalde de Ourense, Jesús Vázquez. 


As obras darán comenzo "de inmediato" e ampliaranse o entorno da Ponte, alcanzando tambén a Capela de Os Remedios


Os conselleiros informaron que de forma paralela a estas primeiras actuacións de conservación e mantemento se programará a segunda fase das obras, que se centrará na contorna e nas inmediacións da Ponte Vella, especialmente arredor da Capela dos Remedios. Desa forma o investimento total acadará perto de 1 M€, co obxectivo de que o monumento continúe sendo un verdadeiro símbolo da cidade.


O documento asinado hoxe establece as pautas de cooperación entre o Concello, a Consellería de Cultura e a Consellería de Medio Ambiente para mellorar a situación da ponte vella, porque, segundo destacou Ethel Vázquez, “a pesar de que presenta un bo estado na súa estrutura, é recomendable acometer intervencións que contribúan ao seu perfecto mantemento e a unha mellor conservación, e aproveitaremos para darlle máis vida”.


A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, asinaron hoxe co alcalde, Jesús Vázquez, un acordo de colaboración sobre a primeira fase dos traballos


A conselleira de Medio Ambiente salientou o interese compartido entre a Xunta e o Concello por de darlle a importancia que se merece un ben con alto valor cultural que constitúe, ademais, “un dos principais emblemas e reclamos turísticos desta cidade”.


A conselleira de Medio Ambiente explicou que o Goberno galego xa empezou a traballar na ponte, posto que o pasado mes de maio remataron labores de limpeza que consistiron na retirada manual da vexetación; e tamén se redactou un estudo no que se identificaron 15 puntos fundamentais de actuación.


As necesidades que recolle este estudo céntranse en dous aspectos fundamentais: a rehabilitación da propia Ponte e a adecuación da súa contorna. O acordo asinado hoxe recolle as accións concretas para a posta en valor da Ponte Vella que desenvolverán entre 2015 e 2016 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


A Consellería de Cultura licitará nas vindeiras semanas os traballos de retirada da condución de abastecemento e de restauración da tallamar nun dos piares. Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) iniciará antes de que remate o ano o proceso de contratación dos traballos para dotar de nova iluminación a ponte e acometer a reparación da calzada.


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez agradeceu a colaboración da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) neste proxecto de rehabilitación, o que supón ao tempo solucionar os problemas de conservación dun símbolo fundamental para a cidade de Ourense e contribuír á posta en valor dun Ben de Interese Cultural (BIC) polo que, ademais, pasa o camiño da Vía da Prata. Neste sentido, lembrou que a conservación do patrimonio cultural é unha tarefa común de todas as galegas e galegos, polo que valorou especialmente o traballo interinstitucional de ambas as consellerías e o do Concello.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE