#Claves de la semana

Coñeze o perfil do peregrino das Compostelas

 237.886 peregrinos selaron a súa Compostela ao longo do ano 2014, o que supuxo un incremento do 10,2% acadando un máximo histórico nun Ano non Xacobeo. Destes, máis da metade proviñeron do estranxeiro, supoñendo os peregrinos internacionais o 52,24%.Así o reflicte o amplo estudo do perfil do peregrino que inclúe o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago aprobado pola Xunta de Galicia na pasada semana.


|


237.886 peregrinos selaron a súa Compostela ao longo do ano 2014, o que supuxo un incremento do 10,2% acadando un máximo histórico nun Ano non Xacobeo. Destes, máis da metade proviñeron do estranxeiro, supoñendo os peregrinos internacionais o 52,24%.Así o reflicte o amplo estudo do perfil do peregrino que inclúe o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago aprobado pola Xunta de Galicia na pasada semana.
 

O informe reflicte que o 68,10% dos peregrinos que chegaron a Compostela no pasado ano o fixeron pola vertente francesa do Camiño, a ruta xacobea máis transitada durante o pasado ano. Ao Camiño Francés seguíronlle, por ode de importancia, o Camiño Portugués, que acolleu o 10,92% do total dos peregrinos, e o Camiño do Norte co 6,34% pola súa parte.



En relación á procedencia, os peregrinos italianos lideraron a clasificación de peregrinos internacionais, ao achegar o 8,51% do total, superando a Alemaña que supuxo, neste caso, o 6,87%. En canto á procedencia nacional, Madrid segue sendo a Comunidade da que chegan máis peregrinos a Compostela.



Por outra parte, o informe amosa que máis da metade —50,62%— dos peregrinos que chegaron a Santiago fixérono por motivación relixiosa e de outra índole, o 42,46% exclusivamente por unha motivación relixiosa e a porcentaxe restante —6,92%— por motivos non relixiosos.



Así mesmo, o informe refírese ao medio utilizado polos peregrinos para realizar o Camiño. Neste senso, continúan sendo os peregrinos que realizan a Ruta Xacobea á pé os máis numerosos, pois representan o 88,67%. No pasado ano escolleron a bicicleta para acadar a meta de Compostela o 10,64% dos peregrinos e o cabalo o 0,64%.



En canto ao perfil sociodemográfico, o estudo sinala que o 55,37% dos peregrinos teñen unha idade de entre 30 e 60 anos.


No que se refire ao xénero, o Plan Director asoma que foron os homes que realizaron o Camiño de Santiago no pasado ano os que representaron unha porcentaxe superior, do 54,02% concretamente, fronte ao 45,98% das mulleres.



Así mesmo, o informe revela que o 23,14% dos peregrinos que selaron a súa Compostela no 2014 estaban en situación de emprego.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE