#Claves de la semana
CAMBIO DE PRESIDENCIA NA DEPUTACION DE LUGO, O PP FOI HOXE RELEVADO

Darío Campos preside xa a Deputación de Lugo

Os lucenses refrendaron" nos comicios de maio, "o goberno de progreso e de esquedas" que durante os últimos "oito anos" estivo á fronte da Deputación provincial, sinalou Campos en defensa da moción. Porén, o rexedor da Pontenova tamén asegurou que na sesión de investidura do 24 de xuño "sucedeu o que nunca debera suceder", en referencia á votación de Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, que deu o goberno ao Partido Popular. Por esta razón, dixo, "pido perdón". "Erramos, é certo". 


|

O socialista Darío Campos foi nombradohoxe novo presidente da Diputación de Lugo

Nunha sesión marcada polo cruce de acusacións, o Partido Popular perdeu, en tres meses, o executivo no que foi considerado un feito "accidental" por parte das forzas políticas promotoras da moción.


                                    Darío Campos (PSOE): "Erramos, é certo, e pido perdón"


"Os lucenses refrendaron" nos comicios de maio, "o goberno de progreso e de esquedas" que durante os últimos "oito anos" estivo á fronte da Deputación provincial, sinalou Campos en defensa da moción. Porén, o rexedor da Pontenova tamén asegurou que na sesión de investidura do 24 de xuño "sucedeu o que nunca debera suceder", en referencia á votación de Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, que deu o goberno ao Partido Popular. Por esta razón, dixo, "pido perdón". "Erramos, é certo".

                

Na súa intervención, Darío Campos baseou a moción presentada por BNG e PSdeG nas "políticas caciquís" que, dixo, promoveu o Partido Popular ao longo de "tres meses" á fronte do executivo provincial. Medidas que, asegurou, se fundamentaron na premisa de que "a Xunta convida e a Deputación paga".


Unha acusación que foi amparada por algúns dos acordos adoptados "nas dúas últimas Xuntas de goberno", sinalou o deputado do BNG, Antonio Veiga. Nelas "o PP aprobou máis de 30 convenios para concellos do PP", cos que repartiu "aproximadamente 5 millóns de euros". "Esta é a verdadeira cara do PP", afirmou.


                         Antonio Veiga (BNG): "Levaron a provincia á caverna do caciquismo" 


O nacionalista asegurou que os meses de goberno provincial popular foron "unha viaxe atrás" para "levar a provincia á caverna do caciquismo". Polo que defendeu unha moción de censura coa que "abrir de novo as portas" da institución á "veciñanza" de acordo coa demanda da "maioría social" luguesa. Veiga asegurou que o novo goberno estará asentado no "programa marco" asinado por BNG e PSdeG a nivel galego e que está a rexer a política desenvolvida polas deputacións da Coruña e Pontevedra, á fin de "pular pola transferencia de recursos cara aos concellos" en aras de "delimitar as funcións da Deputación". Mais tamén, na procura da "igualdade", o "equilibrio territorial" e o "respaldo ao tecido asociativo, cultural e deportivo" da provincia.


Crítico coa xestión de goberno desenvolvida polo executivo de Elena Candia (PP) foi tamén o voceiro do grupo socialista, Álvaro Santos, quen acusou a alcaldesa de Mondoñedo de manter o seu traballo como "interventora de seguros" após asumir a presidencia da Deputación. Neste senso, amosou pólizas asinadas con data do 11 de setembro. Asemade, acusou o grupo popular de terse "repartido" os postos da institución para "chupar todos do bote"; ter "paralizado" proxectos postos en andamento polo anterior goberno e mesmo de ter perdido "fondos europeos" vencellados aos plans de emprego.


Malia as críticas e denuncias, Elena Candia defendeu a súa xestión de goberno e a do seu partido, a "forza gañadora" das eleccións, dixo, por ter obtido "a maioría dos votos" nas eleccións municipais.


Nestes meses, dixo, desenvolveron políticas coas que "dar resposta aos problemas das veciñas e dos veciños" através dun "traballo rigoroso", "serio" e "comprometido". Unha tarefa, sinalou, que "non foi doada" por mor das "malas prácticas" do executivo anterior.


                            Carlos Armesto (PP) a Martínez (PSOE): "Xa lle pagaron?"

Candia dixo revindicar "sen rubor" o traballo feito e mesmo empregou o Sempre en Galiza de Castelao para acusar de "incapaces" ás forzas políticas promotoras da moción, o que causou sorpresa entre as persoas que asistiron á sesión e máis dunha gargallada e apupo.


Máis belixerante foi o portavoz do grupo popular, Carlos Armesto. Na súa quenda de palabra interpelou directamente a Manuel Martínez, o deputado socialista e alcalde de Becerreá cuxo voto outorgou en xuño o goberno ao PP. A Martínez preguntou se xa lle tiñan "pagado" por apoiar a moción. "Que queda da súa dignidade? Do son presidente ou nada?",dixo. 


"De prosperar a moción xa non será necesario", afirmou Armesto, ao tempo que lle advertiu que o "irán apartando, fixérono con Orozco, con Santín e con vostede".


Finalmente o conxunto dos grupos de BNG e PSdeG votaron afirmativamente a prol da moción facendo presidente a Darío Campos quen sinalou, xa como líder do executivo, que asumía con "responsabilidade" e "humildade" o cargo nunha intervención na que se amosou bastante emocionado.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE