PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
 
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Publicidad Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ELECCIONES MUNICIPALES
  • Baltar
  • 28M
NON SE PRESENTARON A REUNION NIN A CONFEDERACION DE CORUÑA NIN LUGO

Os empresarios galegos, divididos

O sector crítico pide que se reúna a comisión de Economía para aprobar as contas.

Redacción
Redacción
| sábado, 17 de octubre de 2015, 22:23
  • 0
ARCHIVADO EN | ALVARIÑO CEG

O presidente da CEG, José Manuel Fernández Alvariño 


A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) está dividida. Unha división producida, en parte, polo conflito interno, e xudicializado, que se vive na Confederación de Empresarios de Pontevedra tras as súas polémicas eleccións.


Este xoves, as catro patronais provinciais estaban chamadas a un encontro para tentar solucionar a situación pero nin a Confederación da Coruña, nin a de Lugo decidiron asistir. Só se presentaron as de Pontevedra e Ourense.


Por iso, o presidente da patronal pontevedresa, Jorge Cebreiros, cuestionado por unha boa parte da súa provincia, apelou á "colaboración" das catro organizacións provinciais para superar a crise que vive a CEG. “Pontevedra e Ourense puidemos facer un oco na nosa axenda para asistir á xunta de vicepresidentes da CEG, e parece ser que outros, non", dixo.


Nesa reunión, o presidente da CEG, José Manuel Fernández Alvariño, propuxo unha serie de medidas para garantir tanto a "viabilidade" como o "prestixio" da patronal galega, unha delas a existencia dun "goberno colexiado". Tal órgano estaría conformado polo presidente e o catro vicepresidentes.


Tamén expuxo Alvariño entregar ao secretario xeral un plan de viabilidade da institución que, acordado por todos, defina orzamento, persoas e funcións da "CEG do futuro". Ademais pediu que se convoque a todos os órganos de goberno, comité executivo, xunta directiva e asemblea xeral, para a aprobación das contas e das propostas presentadas.


Críticas


Sen embargo, desde o sector crítico indican que o problema estriba en que, desde a actual Xunta directiva, rexeitáronse as contas e orzamentos da Comisión de Economía, que aínda non se xuntou para aprobar, novamente, esas contas.


“O primeiro que ten que facer Alvariño é impulsar a celebración dunha reunión da Comisión de Economía. Todo o demais é fume e tinta de lura”, apunta a GC unha fonte coñecedora da situación interna da CEG.


O presidente provisional da comisión é José Manuel Pérez Canal, que aceptou substituír provisionalmente a Luis Novoa tras a renuncia deste. Pero, desde xuño hai unha “parálise total e absoluta” na CEG, segundo os críticos. Unha situación que continuará ata que non se xunte a Comisión de Economía. “É algo totalmente antiemocrático e demostra o proceder personalista da CEG de Alvariño”, apunta esta fonte.

  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

La Xunta acusa al Gobierno de tramitar "a espaldas" de las Comunidades la 'addenda' al Plan de Recuperación

Lorenzana entrega al presidente del Parlamento el Informe anual de violencia de género 2022, que se conocerá este mes

Besteiro tendrá que dimitir como delegado del Gobierno para ser cabeza de lista del PSdeG al Congreso por Lugo

La Segunda República y la Revolución Gloriosa, en el primer examen de una ABAU que en Galicia arranca con normalidad

Cabeceralomasleido 1
1
El partidazo de Gabri Veiga dispara su cotización justo cuando el Madrid hace hueco en la plantilla
2
(VÍDEO) Propietarios de un bazar chino en A Coruña se enfrentan a golpes con unos ladrones e impiden el robo
3
Hackers amenazan con publicar fotos de DNI de clientes de R Cable y otros datos personales, incluídos los del lehendakari Urkullu
4
¿Es viable la energía solar fotovoltaica en Galicia? Los 137.000 paneles de Soltec que habrá en A Gudiña prueban que sí
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora