#Claves de la semana
OPERACION RESTORE

Detidas sete persoas dunha rede de narcotráfico desmantelada na comarca de Bergantiños (A Coruña)


|

A Garda Civil de Carballo (A Coruña), apoiada por outras unidades do Instituto Armado, desmantelou unha rede de narcotráfico que se asentaba na capital de Bergantiños, con sete detidos.



Segundo informou a Benemérita, os responsables da investigación detiveron sete persoas, cinco varóns e dúas mulleres, todas elas veciñas da bisbarra, e lograron incautarse de algo máis de sete quilos de droga entre heroína, marihuana e cocaína, ademais de 6.000 euros en efectivo, dúas armas de fogo, documentación, teléfonos e varios vehículos.


Durante un dos rexistros na mañá deste venres en Carballo, unha das mulleres detidas, con numerosos antecedentes policiais, enfrontouse aos gardas “empuñando unha arma de fogo e, tras un disparo ao aire de intimidación” por parte da Garda Civil, posteriormente puido ser reducida, relataron as mesmas fontes.


Os responsables da operación policial realizaron varios rexistros nos domicilios dos detidos no marco desta operación denominada ‘Restore’.


OPERATIVO PONTEAREAS


Esta operación policial tamén está relacionada con tres detencións que se produciron durante os últimos días na localidade pontevedresa de Ponteareas e a aprehensión na mesma localidade de catro quilos de heroína.


A base de operacións da trama estaba establecida na bisbarra de Bergantiños e dende alí distribuíase a través de intermediarios e ‘camelos’ a outros lugares da xeografía galega, sinalaron as mesmas fontes.


A operación segue aberta e a Garda Civil non descarta algunha outra detención relacionada con estes feitos ou a aprehensión de máis droga.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE