#Claves de la semana
MARCHA EN DEFENSA DO CERCO EN SADA

Os mariñeiros do Cerco galego piden unha repartición “xusta” das cotas de peixe

Máis de 1.500 persoas participan nunha protesta en Sada para reclamarlle ás administracións que defendan un sector do que dependen 1.200 familias en Galicia.


|

Un reparto máis xusto das cotas do cerco. Esa foi a principal reclamación das máis de 1.500 persoas que este domingo se concentraron en Sada nunha protesta que tivo como principal obxectivo reclamarlle ás administracións que coiden dun sector que as novas cotas da UE pode poñer en perigo en Galicia. Unha situación que deixaría sen ingresos a 1.200 familias e suporía o fin dunha importante industria pesqueira en Galicia.


"O Mar é noso, defendámolo. Por unha repartición xusto de cotas” foi o lema desta manifestación na que participaron mariñeiros de diferentes municipios galegos e que contou con dirixentes políticos e cidadáns.


O sector do cerco pasa un moi mal momento logo de que se esgotara a cota máxima que obtivo na repartición tras a asignación da Unión Europea a España, que os mariñeiros consideran baixa porque se basea en criterios históricos e non en necesidade e dependencia real da pesca.


Antes, cada barco podía coller 10.000 quilogramos nun día entre xurelo e sardiña, pero "agora hai barcos que non teñen os 10.000 quilos nin para todo o ano. Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga), que agrupa a 120 embarcacións que dan emprego directo a 1.200 familias, leva desde o pasado 19 de outubro con protestas porque se esgotaron unhas cotas que consideran "míseras".


Agora, co que queda, apenas poderían conseguir un ingreso de 6.000 euros ao mes todos os barcos que traballen no caladoiro. "Son 1.200 familias as que dependen directamente da frota amarrada, ademais do resto de traballadores da lonxa, as pescaderías e demais. Imos tentar que poidan ir ao paro para que polo menos teñan algúns ingresos. Esperamos falar pronto coa Secretaría Xeral de Pesca e seguramente acabaremos en Bruxelas", sinala o presidente de Acerga, Juan José Blanco Agraso,


A asociación culpa á repartición das cotas do Plan de Xestión do Cantábrico Noroeste das actuais "cotas míseras" que ten unha Comunidade na que a pesca ten un "compoñente socioeconómico importantísimo" con "moitos máis tripulantes que en ningún lado".


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo esta semana que espera "diálogo permanente" dun "sector unido" para conseguir un "maior rendemento económico para as empresas sen caer na sobreexplotación", que é a meta de todos.


Pola súa banda, o secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, Andrés Hermida, asegurou que non está "en contra de facer modificacións ou revisións": "Se hai un sector maioritario, Acerga é unha maioría minoritaria, que expón un novo acordo de repartición, por suposto que o revisariamos", agregou.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE