ISTO NON DA MÁIS DE SI

Manuel Fernando González Iglesias

Non se se me equivocarei, pero son dos que penso que a CUP darálle a presidencia da Generalitat a Artur Mas e que este aceptará ese mandato rotatorio do que se fala nalgúns medios de comunicación sen demasiado ruído. Será o final dunha etapa política e o comezo dun tempo novo nas relacións entre Cataluña e o Reino de España ao que pertence legalmente dende fai máis de cincocentos anos.


A día de hoxe, moitos cataláns xa abriron a súa "conta espello" noutras comunidades, deixando na que manteñen en territorio catalán a hipoteca e na que se levaron a outras comunidades como Aragón, Madrid ou Baleares os ingresos. As empresas en cambio tivérono máis claro: a sede vaise a Madrid ou ao estranxeiro. Se pasa o que ten que pasar, os que tomaron esa decisión tan grave e emocionalmente difícil se sentirán máis seguros se se lles presenta o mal grolo de atoparse os caixeiros pechados porque ao Goberno español dálle a gana legal de facer cumprir aquilo que di que "a soberanía nacional reside no pobo español" e que , por tanto, ha de actuar en consecuencia, Deus non o queira.


Isto xa non dá máis de si. O Govern, Junts pel si e a CUP acabaron por matarnos de aburrimento. Os mossos deberían deter a algúns dos seus dirixentes por pesados. Isto xa non hai paciencia humana que o aguante. Cada día que pasa, "o monotema" resoa nos nosos oídos machaconamente, mentres ves e escoitas nos telexornais noticias sobre a corrupción e a vida pai que se pegaron algúns a conta dos nosos pagos a Facenda. É coma se tiveses un pesadelo e non puideses espertar nunca. Que pacten dunha vez!, e que logo os que prometeron facer cumprir a lei non se escondan tras as eleccións, que iso tampouco coa.


Menos mal que o Barça varreu ao Madrid florentiniano e está a piques de perder a Sir Charles polo camiño, que xa é perder. A ver se, dunha vez por todas, se despolitiza este club, que boa falta lle fai. Se non fose polo que pasou o sábado, eu volveríame a Cambados, que este ano me dixeron que hai unha gran colleita de Albariño, o mellor elixir contra a depresión post-independentista e para celebrar vitorias históricas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE