FEIRA AGROALIMENTARIA DE GALICIA

A Xunta promociona o selo galega 100% na Feira Agroalimentaria de Galicia “Manxares”

|

A Consellería do Medio Rural fixo hoxe promoción en Melide do selo de garantía Galega 100% na “Feira Agroalimentaria de Galicia Manxares”, da man da propia titular do departamento, Ángeles Vázquez, e da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.


Ángeles Vázquez destacou a importancia de consumir os produtos galegos da terra, co obxectivo de impulsar e fomentar o noso sector agroalimentario. Neste senso, sinalou que optar polo selo Galega 100% contribúe a apoiar ao sector leiteiro galego, unha razón de peso que cómpre levar a cabo entre todos, sinalou.


Esta acción promocional complementa as actividades levadas a cabo por toda Galicia, onde destacan diversas charlas divulgativas sobre a marca dirixidas a asociacións de amas de casa, consumidores e usuarios; visitas a explotacións de vacún de leite e reparto de minibricks en eventos deportivos.


Ángeles Vázquez tamén realizou un percorrido pola feira, animando ao público asistente a consumir o produto galego da pequena industria local e colaborando no reparto gratuíto de minibricks de leite Galega 100%.


Galega 100%


Con este selo facilítase a identificación do leite e dos produtos lácteos de calidade diferenciada elaborados con materia prima galega, feitos e envasados en Galicia. O obxectivo é que o consumidor saiba que a materia prima que se emprega nestes produtos procede exclusivamente de explotacións leiteiras inscritas no Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada.


A marca Galega 100% e a súa xestión é propiedade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), organismo no que están representadas as industrias lácteas e os produtores de leite.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress