#Claves de la semana

A selección galega de balonmán volve ganar a Marrocos

Segundo triunfo de Galicia fronte a Marrocos en dous días. O combinado dirixido por Pillo e Quique Domínguez superou hoxe en Cangas a Marrocos por cinco tantos (26-21), nun partido no que a selección galega logrou a vantaxe no segundo tempo.


|


Segundo triunfo de Galicia fronte a Marrocos en dous días. O combinado dirixido por Pillo e Quique Domínguez superou o domingo no Gatañal de Cangas a Marrocos por cinco tantos (26-21), nun partido amigable no que a selección galega logrou a vantaxe no segundo tempo.


Na primeira metade as defensas foron as protagonistas. O comezo dubitativo de Galicia en tarefas ofensivas, unido aos numerosos erros de lanzamento de ambos os conxuntos fixeron que o electrónico mostrara un axustado 11-12 ao descanso a prol dos marroquíes. O porteiro galego Pablo Galán foi o máis destacado do seu equipo, sobre todo nos lanzamentos dende a liña de 6 metros. Polo combinado africano, Amine Harchaqui e Fayçal Souhayl levaron a batuta do equipo tanto en ataque coma en defensa.


Na segunda metade os dous combinados sacaron a artillería pesada; o combinado africano sacou una pista aos tres xogadores que actualmente militan na primeira liga francesa. Pola parte galega apareceron en escena Javi Diaz, Carlos García, Edu Moledo e Víctor Frade


Os marroquíes abriron un pequeno oco no marcador pero a reacción galega non se fixo esperar. Pillo e Quique Domínguez axustaron a defensa 5:1 o que lles permitiu salir rápido ao contragolpe e lograron aumentar nas distancias no electrónico. 


Ao final, 26-21 para os galegos.


GOLES


Galicia, 26: Pablo Galán, Javi Díaz, Ángel Iglesias (4), Carlos A. García (2), Gonzalo Carró (1), Víctor Frade (2), Roberto Río (1), Serafín Pousada (3), Alexandre Chan (3), Adrián Rosales (3), Víctor Rodríguez (1), Moisés Simes (3), Eduardo Moledo (2), Borja Méndez (1), Rubén Gómez.


Marrocos, 21: Berkani Abdelmalek, Bilel Bay Bay (2), Rachid Hammet (2), Kochadi Medhi, Hicham Hakimi (3), Zohair Lehcini, Lehcen Beliman, Amine Bantoleb (4), Amine Harchaqui (2), Achaf Adli, Alaqui Ishail (3), Salah Benfanes, Idu Sonfane (2), Zounali Mohamed, Sonhan Foynal (3), Iarissi Yasime.


PARCIAIS


2-3, 4-5, 6-6, 7-7, 9-9, 11-12 (descanso), 14-15, 16-17, 20-20, 22-21, 23-21, 26-21 (final).



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE