#Claves de la semana

Mauro González e Lucía Vázquez proclamáronse campións galegos Elite de ciclocross en Ferrol

O ciclismo galego despediu o ano 2015 coa disputa dos ‘Campionatos de Galicia de Ciclocross - 3º Trofeo Ciclocross Concello de Ferrol’ no Club de Campo da cidade departamental. Mauro González (Salvaterra) e Lucía Vázquez (PC Quintena) foron dous dos grandes triunfadores da xornada coas súas vitorias nas carreiras Elite e Sub 23.

 

|


O ciclismo galego despediu o ano 2015 coa disputa dos ‘Campionatos de Galicia de Ciclocross - 3º Trofeo Ciclocross Concello de Ferrol’ no Club de Campo da cidade departamental. Mauro González (Salvaterra) e Lucía Vázquez (PC Quintena) foron dous dos grandes triunfadores da xornada coas súas vitorias nas carreiras Elite e Sub 23. 


En total, coroáronse doce campións autonómicos nunha cita que tamén foi puntuable para a Copa Galicia, que a falta dunha xornada xa ten varios gañadores definitivos.


A proba raíña masculina mantivo a emoción ata a última volta no circuíto deseñado polo Club Ciclista Ferrol na parroquia de Serantes. Mauro González e Darío Otero (Muebles Compostela) racharon a carreira no treito inicial, deixando atrás a Adrián Valverde (Club Ciclista Rías Baixas), líder da Copa Galicia, e a Paulo González e Samuel González, ambos do Salvaterra. 


O dúo de cabeza protagonizou un espectacular man a man. O corredor do conxunto compostelán tentou en varias ocasións marcharse en solitario, pero os seus intentos non frutificaron. Mauro esperou ao comezo da última volta para asestar o golpe definitivo e alcanzar a liña de meta con marxe suficiente para celebrar o seu terceiro título autonómico Elite. 



Esta carreira tivo un desenlace redondo para o conxunto de Salvaterra, con Samuel González finalizando terceiro e mellor Sub 23. A cuarta posición tamén a ocupou un dos seus representantes, Paulo González, que completou o podio Elite. Pola súa banda, Valverde tivo que conformarse con ser quinto e o baionés do Club Ciclista Rías Baixas mantivo a camisola de líder do ránking absoluto da Copa Galicia, sentenciando de paso a clasificación Sub 23. 


Máis contundente resultou o triunfo de Lucía Vázquez na proba Elite e Sub 23 feminina. A biker de Vilaboa demostrou a súa clase e a súa superioridade desde as primeiras pedaladas. Non tivo demasiados problemas para anotarse o décimo título galego da súa carreira nesta categoría e o seu terceiro triunfo parcial desta tempada nunha modalidade que utiliza para preparar o calendario 2016 de mountain bike. 


Isabel Castro (Fornelos) logrou a segunda praza e na terceira concluíu Sandra Moral (Marín), que con este resultado chegará no primeiro posto da clasificación da Copa Galicia á última xornada do próximo domingo na localidade ourensá de Maceda.


DOMINIO DO MACEDA


Precisamente, os ciclistas do club que organizara o peche do calendario autonómico lucíronse en cadetes e en juniors. Iván Feijóo, recente gañador da Copa de España, logrou o título de campión de Galicia junior por diante do seu compañeiro de equipo Román Saa e de Pablo Álvarez (Cambre), que se presentaba en Ferrol coa vitoria asegurada na xeral. 


Outros dous integrantes da formación de Maceda subiron ao máis alto do podio en cadetes. Carlos Canal impúxose a Adrián Barros (Coruxo) e a Jorge Suárez (Avanza), mentres que Antía Martínez foi a máis rápida na competición feminina, onde Carla Fernández (Redondela) obtivo a segunda praza e garantiuse a Copa Galicia.


Pola súa banda, nas mozas junior todo queda pendente do que suceda na última carreira. Sara Trigo (Salvaterra) venceu e recuperou a camisola de líder, aproveitando que Zaida González (El Rosal) acabou terceira por detrás de Nicole de Wit.


Completando as categorías inferiores, nas probas de promoción Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Noela Saa (Maceda) anotarónse os triunfos en Infantil, e Vicente Alló e Aroa Mediavilla, os dous do Cambre, en Alevín.


MASTERS


Os favoritos non fallaron nos masters. Narciso Piñeiro (Spol), líder da Copa Galicia en Master-30, superou a Alejandro Mesías (PC Quintena) e a Andrés Calvete (Cambre). Tamén cumpriu cos prognósticos Guillermo Álvarez (Fornelos) en Master-40, aínda que o seu triunfo non lle permite alcanzar ao líder Miguel Rey (PC Quintena), que o escoltou no podio xunto a Manuel Armada (Asociación Galega). Por último, Javier de la Fuente (Betanzos) volveu gañar en Master-50, por diante de Enrique Vázquez (Monte Xalo) e Antonio González (Salvaterra), e tamén se meteu no peto o título da Copa Galicia. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE